ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.

O principal obxectivo do módulo de Vivendas familiares: características e medio é obter información sobre as características das vivendas, as infraestruturas da súa contorna e o equipamento dos fogares.

2 Características das vivendas

2.1 Como son as vivendas galegas?

As vivendas galegas son maioritariamente antigas, amplas e en propiedade.

No ano 2025 había en Galicia 1.110.312 fogares. Case nove de cada dez vivía en vivendas construídas hai máis de 20 anos. En concreto, o 39,98% residía en vivendas familiares principais con 50 ou máis anos de antigüidade e o 48,77% en vivendas con entre 20 e 49 anos de antigüidade. Só o 11,24% dos fogares vivía en vivendas de menos de 20 anos: o 9,1% en vivendas de entre 10 e 19 anos e o 2,14% restante, en vivendas de menos de 10 anos dende a construción.

Fogares segundo a antigüidade da vivenda. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Menos de 5 anos 1,06 11.786
De 5 a 9 anos 1,08 12.004
De 10 a 19 anos 9,10 101.092
De 20 a 49 anos 48,77 541.528
De 50 ou máis anos 39,98 443.902
Total 100,00 1.110.312
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

A antigüidade da vivenda varía segundo o tipo de fogar. Obsérvase que case a metade (49,55%) dos fogares unipersoais residen en vivendas que teñen máis de 50 anos; as parellas con e sen fillos e os fogares monoparentais residen principalmente en vivendas de 20 a 49 anos (52,2%, 52,34% e 48,13%, respectivamente).

Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa). Nota: “Outra tipoloxía” inclúe; “Sen núcleo”, “Un núcleo e outros” e “Varios núcleos”.


Tamén hai diferenzas no tipo de vivenda. Obsérvase que os unipersois e as parellas sen fillos viven principalmente en vivendas independentes (36,33% e 43,17%), mentres que as parellas con fillos e as monoparentais residen en pisos ou apartamentos en edificios con 10 ou máis vivendas (39,81% e 38,39%, respectivamente).

Fogares segundo a clase de vivenda e tipo de edificio por tipoloxía do fogar. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Vivenda unifamiliar independente Vivenda unifamiliar acaroada Piso ou apartamento nun edificio con menos de 10 vivendas Piso ou apartamento nun edificio con 10 ou máis vivendas Total
Unipersoal 36,33 8,77 20,40 34,50 100
Parella con fillos 36,45 6,87 16,87 39,81 100
Parella sen fillos 43,17 6,63 16,23 33,97 100
Monoparental 37,50 6,94 17,17 38,39 100
Outra tipoloxía 54,18 6,26 14,07 25,49 100
Total 40,36 7,21 17,27 35,16 100
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).
Nota: Outra tipoloxía inclúe Sen núcleo, Un núcleo e outros e Varios núcleos

A superficie media das vivendas galegas é de 107,55 metros cadrados. As vivendas máis pequenas son máis habituais entre os fogares unipersoais: o 16,22% viven en vivendas de ata 60 metros cadrados. En cambio, os fogares catalogados como “outra tipoloxía” son os que teñen unhas vivendas máis grandes (o 30,5% residen en vivendas de máis de 120 metros cadrados), seguidos polas parellas con fillos (28,19%).

Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa). Nota: “Outra tipoloxía” inclúe; “Sen núcleo”, “Un núcleo e outros” e “Varios núcleos”.


A propiedade sen hipoteca é o réxime de tenza máis común. O 60,82% dos fogares residía en vivendas en propiedade sen hipoteca. A continuación sitúanse os fogares en réxime de alugueiro, co 16,73%, e os fogares en propiedade con hipoteca, co 15,83%. O 6,61% restante vivía nunha vivenda cedida ou noutra situación.

Fogares segundo o réxime de tenza da vivenda. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
En propiedade sen hipoteca 60,82 675.337
En propiedade con hipoteca 15,83 175.780
En aluguer 16,73 185.760
Cedida e outro 6,61 73.435
Total 100,00 1.110.312
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

2.2 Que servizos e equipamentos teñen?

As vivendas galegas teñen unha alta cobertura de servizos básicos, pero aínda presentan unha baixa implantación de tecnoloxías máis avanzadas, como a domótica ou a aerotermia.

No ano 2025 o 99,52% dos fogares dispoñía de auga quente na vivenda (1.104.940) e o 77,78% tiña calefacción (863.650 fogares).

Para quentar a auga, os fogares empregaban sobre todo a electricidade, propano ou butano, gas natural e gasóleo. A electricidade foi a fonte máis habitual, cun 29,25% dos fogares. A continuación situáronse o propano/butano (27,88%), o gas natural (24,38%) e o gasóleo (18,39%).

Fogares segundo as fontes de enerxía que empregan para quentar a auga. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Electricidade 29,25 323.140
Propano/butano 27,88 308.050
Gas natural 24,38 269.395
Gasóleo 18,39 203.182
Biomasa (madeira e derivados) 3,87 42.762
Aerotermia 1,58 17.468
Solar 1,05 11.554
Outra 0,19 2.061
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

Para a calefacción, a fonte máis utilizada foi o gasóleo, presente no 30,37% dos fogares con calefacción. Despois situáronse a electricidade (27,14%) e o gas natural (25,84%).

Fogares segundo as fontes de enerxía que empregan para a calefacción. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Gasóleo 30,37 262.258
Electricidade 27,14 234.401
Gas natural 25,84 223.168
Biomasa (madeira e derivados) 14,93 128.911
Propano/butano 6,29 54.309
Aerotermia 2,00 17.266
Solar 0,56 4.850
Outra 0,28 2.428
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

Os servizos exteriores tamén teñen unha cobertura elevada. O 86,47% tiña conexión á rede pública de augas residuais e unha porcentaxe moi similar (85,19%) conexión á rede pública de auga potable. O equipamento do fogar mostra unha diferenza clara entre servizos básicos e servizos avanzados. A maioría dos fogares galegos conta con seguro no fogar (79,37%) pero só un 7,39% conta con sistemas de domótica instalados.

Fogares que dispoñen de determinados servizos exteriores na vivenda. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Iluminación pública exterior 98,82 1.097.180
Recollida de lixo nun contorno inmediato á súa vivenda 96,63 1.072.944
Conexión pública de augas residuais (rede de sumidoiros) 86,47 960.085
Conexión á rede pública de auga potable 85,19 945.836
Recollida selectiva de lixo 84,03 932.954
Recollida de plásticos, metálicos (latas…) 81,74 907.517
Seguro do fogar 79,37 881.247
Tendedeira 74,66 828.923
Recollida de vidro 73,46 815.670
Recollida de papel e cartón 72,70 807.249
Terraza, patio ou xardín 67,15 745.598
Terraza, patio ou xardín individual ou privado 60,68 673.752
Abastecemento de auga comunitario ou individual 20,40 226.553
Saneamento individual ou outros 16,14 179.229
Terraza, patio ou xardín público ou comunitario 10,76 119.465
Domótica 7,39 82.053
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

2.3 Que están facendo para mellorar a eficiencia enerxética?

Os fogares galegos apostaron sobre todo por melloras enerxéticas sinxelas, como cambiar a iluminación ou renovar electrodomésticos.

Nos últimos 5 anos, o 43,54% dos fogares realizaron melloras para aumentar a eficiencia enerxética. De entre as medidas que aplicaron os fogares, destacan dúas en particular: a substitución da iluminación por luces LED (32%) e o cambio de electrodomésticos por outros máis eficientes ou de baixo consumo (20,82%).

Fogares que fixeron melloras para aumentar a eficiencia enerxética segundo tipo de mellora. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Substituír a iluminación interior ou exterior por LED’s 32,00 355.320
Cambiar electrodomésticos a outros máis eficientes ou de baixo consumo 20,82 231.202
Illamento térmico da fachada ou tellado (SATE, trasdosados interiores de pladur…) 10,12 112.331
Cambiar as ventás por outras máis illantes 9,87 109.539
Substituír a caldeira de gas/gasoil/leña por outra máis eficiente ou máis sostible (aerotermia, xeotermia) 3,89 43.157
Instalación de placas solares para produción de enerxía eléctrica ou auga quente 1,42 15.720
Instalar sistemas de ventilación forzada para a renovación de aire na vivenda 1,37 15.266
Total 43,54 483.402
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).
Nota: O Total correspóndese co número de fogares que aplicou algunha das medidas de eficiencia enerxética. A Porcentaxe está calculada sobre o total de fogares de Galicia

2.4 Que problemas declaran?

As humidades son o problema máis frecuente nas vivendas galegas.

En 2025, o 24,84% dos fogares declarou ter problemas de humidades na vivenda. A continuación situáronse as deficiencias de illamento térmico ou acústico, co 15,34%, ou os problemas de ruído, co 12,92%.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).


O ruído afectou a 143.000 fogares galegos. A causa principal foi o tráfico terrestre, sinalado polo 57,65% dos fogares con problemas de ruído. Despois situáronse os ruidos procedentes dos veciños e veciñas, co 41,15%, e as actividades comerciais e de ocio, co 20,38%.

Fogares con problemas de ruído na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Tráfico terrestre 57,65 82.717
Veciños 41,15 59.043
Actividades comerciais e de ocio 20,38 29.235
Orixe animal 12,05 17.295
Reunións informais urbanas (botellón…) 10,22 14.664
Orixe mecánica (obras, canteiras, minas…) 10,02 14.375
Tráfico aéreo 5,88 8.435
Outra 0,44 629
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

Tamén houbo outros problemas, aínda que con menor presenza. Entre eles destacan o acceso deficiente a internet, a falta de espazo, a luz natural insuficiente nalgunha habitación, os ruídos procedentes do exterior e os ruídos producidos polos veciños.

Os cheiros afectaron a 78.920 fogares. Entre as principais causas atópanse os olores polas canalizacións ou saneamento (42,05%), olores por explotacións agrogandeiras (31,02%) e olores provocados por fumes (un 16,49%, no que se inclúen olores polo tráfico, hostalaría, industria, tabaco…).

Fogares con problemas de cheiros na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Canalización, saneamento 42,05 33.186
Explotacións agrogandeiras 31,02 24.477
Fumes, tabaco 16,49 13.014
Industrias (alimentarias, conserveiras, talleres…) 8,60 6.785
Outra 6,14 4.847
Colectores de residuos 4,96 3.913
Vertedoiros 3,10 2.449
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

2.5 Cal é a carga económica da vivenda?

A vivenda supón unha carga económica pesada para máis dun terzo dos fogares galegos.

En 2025, o 37,79% dos fogares declarou que os gastos da vivenda eran unha carga pesada. Para o 58,68%, estes gastos supuxeron unha carga razoable. Só o 4% afirmou que non lle supoñían ningunha carga.

Estes gastos inclúen a hipoteca ou outros préstamos vinculados á vivenda, a comunidade, os seguros, as reparacións, a auga, o gas, a electricidade, os impostos e as taxas municipais.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).


A carga económica é maior nos fogares en alugueiro. Obsérvase que para máis da metade dos fogares en réxime de alugamento (52,6%) estes gastos supoñen unha carga pesada. Para os fogares con vivenda en propiedade, a maioría declara ter uns gastos que lles supoñen carga razoable (63,71% para os fogares propietarios sen hipoteca e o 54,23% para os propietarios con hipoteca).

Fogares segundo a carga que supoñen os gastos totais da vivenda segundo o réxime de tenza. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxe
Unha carga pesada Unha carga razoable Non supoñen ningunha carga Total
En propiedade sen hipoteca 32,59 63,71 3,69 100
En propiedade con hipoteca 43,55 54,23 2,22 100
En aluguer 52,60 46,04 1,37 100
Cedida e outro 34,27 55,04 10,69 100
Total 37,79 58,68 3,54 100
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

\

3 O contorno da vivenda

3.1 Que teñen preto os fogares?

Os servizos máis accesibles son a parada de autobús, os bares ou cafeterías, os espazos abertos de ocio, as farmacias e as tendas de comestibles. En todos estes casos, máis do 70% dos fogares pode chegar a pé en aproximadamente 15 minutos.

O 62,98% dos fogares de Galicia dispoñía no ano 2025 dun centro de saúde ou ambulatorio públicos a unha distancia de, aproximadamente, 15 minutos a pé, mentres que o 35,02% podía ir en transporte (deles, o 16,64% contaba con posibilidade de transporte público). O 2% restante dispoñía de centro de saúde ou ambulatorio públicos a unha distancia de máis de 15 minutos da súa vivenda.

Por outra banda, o servizo máis afastado dos fogares galegos é a estación de tren. Só o 38,36% afirma non dispoñer dela a menos de 15 minutos da súa vivenda (o 34,65% precisa usar un medio de transporte para chegar dende o seu fogar en menos de 15 minutos).

Fogares segundo a accesibilidade a determinados servizos nunha distancia de aproximadamente 15 minutos. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxe
Servizo A pé Nalgún medio de transporte Con posibilidade de transporte público Sen posibilidade de transporte público Non dispoñen Total
Parada de autobús 80,04 16,31 5,67 10,64 3,66 100
Bar ou cafetería 78,78 20,31 7,83 12,48 0,91 100
Espazos abertos de ocio (parques…) 76,21 22,11 8,78 13,33 1,68 100
Farmacia 72,78 26,17 10,70 15,47 1,05 100
Tenda de comestibles 72,41 25,80 10,51 15,29 1,79 100
Centro público que imparte educación infantil 67,92 29,57 15,29 14,28 2,51 100
Centros sociais de ocio públicos (culturais, da terceira idade, ludotecas…) 67,34 29,10 13,24 15,86 3,56 100
Establecementos comerciais (ferraxería, drogaría, mercería…) 67,07 29,68 12,96 16,72 3,25 100
Centro público que imparte educación primaria 66,85 30,61 16,62 13,98 2,55 100
Banco, caixa de aforros, caixeiro 65,53 32,14 14,45 17,69 2,33 100
Instalacións deportivas de titularidade pública 65,07 31,46 14,91 16,55 3,47 100
Gardería pública 63,78 32,20 14,33 17,86 4,02 100
Centro de saúde ou ambulatorio públicos 62,98 35,02 16,64 18,38 2,00 100
Centro público que imparte ESO 61,77 32,79 18,75 14,04 5,45 100
Oficina de correos 58,70 36,94 18,61 18,33 4,36 100
Biblioteca pública 58,38 35,37 17,53 17,85 6,25 100
Centro público que imparte bacharelato 58,32 33,24 19,00 14,24 8,44 100
Centro público que imparte formación profesional 55,25 34,30 19,81 14,49 10,45 100
Estación de tren 26,98 34,65 21,39 13,26 38,36 100
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

3.2 Como valoran a vivenda e o contorno?

Os fogares galegos valoran positivamente a súa vivenda e tamén a paisaxe do seu contorno.

En 2025, o 91% dos fogares galegos mostrouse satisfeito ou moi satisfeito coa súa vivenda. A porcentaxe de fogares moi insatisfeitos situouse no 0,92%.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).

A valoración do contorno tamén é positiva, aínda que moitos fogares identifican impactos negativos na paisaxe próxima.

O 37,51% fogares afirmaron non ter ningún impacto negativo (416.440 dos fogares galegos). Entre os que indicaron presenza de impactos negativos, os máis frecuentes foron: a presenza de edificacións ruinosas ou con deficiente mantemento (27,51%); abandono da terra coa conseguinte xeración de maleza e arboredo espontáneo (26,7%); estado da urbanización (25,27%); cableados aéreos (23,66%); edificacións e urbanizacións inacabadas ou soar abandonado (23,43%).

Fogares segundo os aspectos que producen un impacto negativo na paisaxe do contorno da vivenda. Galicia. Ano 2025
Unidade: Porcentaxe
Porcentaxe Número
Ningún 37,51 416.440
Edificacións ruinosas ou con deficiente mantemento 27,51 305.460
O abandono da terra coa conseguinte xeración de maleza e arboredo espontáneo 26,70 296.509
O estado da urbanización (beirarrúa, calzada, mobiliario urbano, graffiti…) 25,27 280.590
Os cableados aéreos (electricidade, telefonía…) 23,66 262.665
Edificacións e urbanización inacabadas ou soar abandonado 23,43 260.187
A circulación e aparcadoiros de vehículos 21,16 234.987
Abandono de obxectos, vehículos, outros materiais… 11,66 129.447
A mala conservación do patrimonio cultural (monumentos, conxuntos históricos, restos arqueolóxicos, espazos protexidos…) 10,21 113.368
Tamaño e volume das edificacións inadecuado 9,96 110.551
As cores ou os materiais das construcións 9,19 102.075
Os peches e valados 8,90 98.865
A mestura de tipos de edificacións (vivendas unifamiliares, bloques de vivendas, naves industriais, talleres…) 8,11 90.091
Paredes medianeiras vistas 7,97 88.541
Deterioración costeira e fluvial (deficiente coidado das ribeiras, abandono de embarcacións…) 6,96 77.235
Determinadas explotacións forestais ou de cultivos pola situación ou pola especie 5,91 65.590
Ocupación dos espazos costeiros e fluviais naturais por zonas urbanizadas (paseo, área recreativa…) 4,11 45.653
Construcións ou instalacións singulares (parques eólicos, infraestruturas, explotacións mineiras, industriais…) 2,96 32.920
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

A pesar destes problemas, a satisfacción coa paisaxe do contorno segue sendo alta. O 86,32% dos fogares afirma estar satisfeito ou moi satisfeito coa paisaxe do seu contorno, mentres que un 12,73% móstrase algo insatisfeito e só o 0,96% moi insatisfeito.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).

4 Cambios de vivenda dos fogares

A mobilidade residencial en Galicia é baixa: máis da metade dos fogares leva 20 ou máis anos na mesma vivenda.

No ano 2025, o 54,86% dos fogares galegos levaba residindo na mesma vivenda 20 ou máis anos. O 16,91% entre 10 e 19 anos, o 12,15% entre 5 e 9 e o 16,08% restante menos de 5 anos.

Fogares segundo o número de anos que levan residindo na vivenda. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Menos de 5 anos 16,08 178.565
De 5 a 9 anos 12,15 134.885
De 10 a 19 anos 16,91 187.742
De 20 a 29 anos 17,22 191.226
De 30 a 39 anos 11,12 123.508
De 40 a 49 anos 10,39 115.346
50 ou máis anos 16,13 179.041
Total 100,00 1.110.312
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

Entre os fogares que cambiaron de vivenda nos últimos cinco anos, a razón principal foi mellorar a vivenda. Este foi o motivo do 28,39% dos cambios.

Outros motivos importantes foron adquirir unha vivenda en propiedade ou recibir unha vivenda cedida, co 17,69%; os motivos de traballo dalgún membro do fogar, co 16,02%; e a formación dun novo fogar, co 14,75%.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).


Houbo uns 47.950 fogares que declararon precisar dun cambio na súa vivenda. Deles, un 42,27% era un fogar unipersoal e un 18,73% era unha parella con fillos.

Tamén hai núcleos que declaran necesitar un cambio de vivenda. En 2025 foron 47.950. Deles, o 42,27% eran fogares unipersoais e o 18,73% parellas con fillos.

Núcleos que necesitan cambiar de vivenda principal segundo a tipoloxía do núcleo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Unipersoal 42,27 20.268
Parella con fillos 18,73 8.979
Parella sen fillos 16,83 8.070
Monoparental 10,04 4.814
Outra 12,13 5.814
Total 100,00 47.946
Fonte: Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio. (descarga da táboa).

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).

As principais razóns para necesitar un cambio de vivenda foron o tamaño, co 35,78%: a formación dun novo fogar, co 31,53% e os motivos económicos, co 20,06%. Tamén destacaron as condicións de habitabilidade, co 20,05%.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa).

5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio