ÍNDICE


Principais resultados

1 Introdución

A Enquisa estrutural a fogares recolle cada ano información sobre os fogares galegos e as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico. No ano 2025 a parte específica dedicouse á Mobilidade. O principal obxectivo deste módulo é obter información sobre as pautas de mobilidade da poboación galega.


2 Como se desprazan as persoas ocupadas ao traballo?

A mobilidade por traballo en Galicia caracterízase polo predominio do transporte privado, a proximidade entre a vivenda e o centro de traballo e unha presenza aínda limitada do teletraballo. Máis da metade das persoas ocupadas traballa no mesmo concello no que reside, case tres de cada catro das que se desprazan percorren menos de 15 km e o 10,83% teletraballou polo menos unha vez á semana en 2025.

Un 54,36% das persoas ocupadas que viven en Galicia traballan no mesmo concello no que residen. Un 36,51% traballa noutro concello de Galicia, mentres que o 7,08% traballa en varios concellos (comerciais, condutores…). Só o 1,13% traballa noutra provincia española e o 0,37% traballa no estranxeiro.

Dos 1.037.020 ocupados cuxo centro de traballo se sitúa fóra do domicilio, un 97,66% desprázase dende a súa vivenda habitual e un 2,34% faino dende unha vivenda dende a que está desprazado temporalmente.

Ocupados segundo o lugar no que se atopa o centro de traballo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
No propio domicilio 0,55 6.187
No mesmo concello 54,36 610.249
Noutro concello de Galicia 36,51 409.881
En varios concellos (comercial, condutor…) 7,08 79.446
Noutra provincia 1,13 12.731
Noutro país 0,37 4.159
Total 100,00 1.122.653
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).
Nota: Non se inclúen as persoas con teletraballo a tempo completo.

En Galicia hai un total de 127.930 persoas que teletraballaron polo menos unha vez á semana, o que supón que o 10,83% das persoas ocupadas teletraballaron no 2025.

Por outra banda, arredor de 58.900 persoas teletraballaron a tempo completo, baixando a incidencia ata o 4,98% do total de persoas ocupadas.

Persoas ocupadas con teletraballo e media de días que teletraballan á semana por sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, incidencia, media
Homes Mulleres Total
Número 64.156 63.774 127.930
Incidencia 10,46 11,23 10,83
Media de días de teletraballo á semana 3,48 3,37 3,42
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade (descarga de táboa).

  

Persoas ocupadas con teletraballo a tempo completo e media de días que teletraballan á semana por sexo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, incidencia, media
Homes Mulleres Total
Número 30.265 28.610 58.875
Incidencia 4,93 5,04 4,98
Media de días de teletraballo á semana 5,22 5,07 5,15
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade (descarga de táboa).

En relación ao medio de transporte empregado para desprazarse ata o centro de traballo, a meirande parte dos ocupados emprega só o transporte privado (un 69,46%). Un 19,79% vai ao traballo andando ou en bicicleta e o 7,1% emprega unicamente o transporte público.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade (descarga da táboa).

Os factores que máis inciden no uso do transporte privado son a falta de servizo ou frecuencia escasa do transporte público (65,04%) e a comodidade do transporte privado (62,83%). En menor medida, na falta de uso do transporte público tamén inciden a dispoñibilidade de aparcamento alí onde se traballa (19,69%), a duración da viaxe ou o elevado número de transbordos (11,55%) e a distancia entre a vivenda e a parada máis próxima (7,16%).

Ocupados segundo os motivos polos que non utilizan o transporte público desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Non hai servizo alí onde vai ou a frecuencia é escasa 65,04 468.451
Comodidade 62,83 452.594
Dispón de aparcadoiro alí onde vai 19,69 141.806
A duración da viaxe é moi longa ou ten que facer moitos transbordos 11,55 83.169
Ten a parada lonxe da casa 7,16 51.598
Aproveita o desprazamento que realiza outra persoa 5,73 41.262
Sae máis caro 3,71 26.735
Ha de levar/recoller os nenos á escola 3,08 22.193
Os vehículos ou enlaces non están adaptados 1,21 8.728
Outro 0,17 1.215
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).
Nota: Esta pregunta vai dirixida ás persoas que non empregan transporte público (autobús, taxi, tren, outro medio de transporte público), bicicleta nin se desprazan andando para ir ao traballo.

En relación á distancia entre a vivenda e o centro de traballo, a gran maioría de ocupados traballa a menos de 15 km da vivenda na que reside (74,73%). Deles, o 16,86% percorre unha distancia de menos de 1 km, o 33,46% de 1 a 5 km e un 24,41% de 5 a 15 km. Dos restantes ocupados, un 20,77% percorre de 15 a 50 km e só un 4,50% fai unha distancia de 50 km ou máis.

A maioría de persoas chegan en menos de 15 minutos ao traballo (un 12,01% tarda menos de 5 minutos e un 41,03% tarda de 5 a 15 minutos). Pola contra, o 13,96% das persoas ocupadas precisa máis de media hora para desprazarse ao traballo.

Ocupados segundo a distancia desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Menos de 1 km 16,86 174.825
De 1 a menos de 5 km 33,46 347.017
De 5 a menos de 15 km 24,41 253.163
De 15 a menos de 50 km 20,77 215.359
50 ou máis km 4,50 46.656
Total 100,00 1.037.020
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).

  

Ocupados segundo o tempo que tardan desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Menos de 5 minutos 12,01 124.546
De 5 a menos de 15 minutos 41,03 425.460
De 15 a menos de 30 minutos 33,00 342.175
De 30 a menos de 60 minutos 11,82 122.619
60 ou máis minutos 2,14 22.219
Total 100,00 1.037.020
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).

A seguinte táboa recolle os principais indicadores de mobilidade por traballo nos sete grandes concellos de Galicia. En comparación co conxunto galego, obsérvase un patrón máis urbano: redúcese o uso exclusivo do transporte privado, aumenta o peso do transporte público nalgúns concellos e medra a mobilidade non motorizada.

Principais resultados de mobilidade ao centro de traballo para os sete grandes concellos. Ano 2025
Unidade: Porcentaxe
Medio de transporte
Distancia
Tempo
Só transporte privado Só transporte público Só non motorizado (andando, bicicleta) Menos de 5 km Menos de 15 minutos
A Coruña 49,18 22,80 25,39 69,90 48,46
Ferrol 67,12 5,40 27,24 68,13 66,06
Santiago de Compostela 58,86 12,40 27,40 65,47 53,64
Lugo 62,07 6,90 25,24 62,50 61,38
Ourense 58,27 5,63 26,46 59,05 59,37
Pontevedra 65,78 8,50 23,90 51,26 48,61
Vigo 58,78 14,94 21,71 70,00 57,53
Total grandes concellos 57,80 13,73 24,56 65,97 55,23
Galicia 69,46 7,10 19,79 50,32 53,04
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. (descarga da táboa).

O coche ou a moto seguen sendo o medio principal para ir ao traballo, tamén nas cidades. No conxunto dos grandes concellos, o 57,80% das persoas ocupadas emprega só transporte privado.

As diferenzas entre concellos son relevantes:

O uso do transporte público tamén varía entre concellos:

O transporte non motorizado ten máis peso nos grandes concellos ca no conxunto de Galicia:

No referente á distancia e tempo de desprazamento:

3 Como se despraza o estudantado ao centro de estudos?

A maioría das persoas que estudan en Galicia desprázanse andando, en bicicleta ou en transporte público ao seu centro de estudos. Na maioría dos casos, o centro de estudos atópase no mesmo concello que o da súa residencia, chegando en menos de 15 minutos ao seu destino.

Un 70,74% das persoas estudantes de Galicia estuda no mesmo concello no que reside, mentres que un 23,92% necesita desprazarse para recibir a súa formación e un 5,34% estuda fóra de Galicia.

Por outra banda, un 90,8% das estudantes desprázanse dende a vivenda na que residen habitualmente e un 9,2% atópase desprazado temporalmente noutra vivenda.

  

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade (descarga da táboa).

O 64,78% das estudantes desprázase ao seu centro de estudos andando, en bicicleta ou empregando unicamente transporte público; o 27,57% emprega só o transporte privado e o 4,02% desprázase en transporte privado e público.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade (descarga da táboa).

Os factores que máis inciden no uso do transporte privado para acudir ao centro de estudos son a falta de servizo ou a escasa frecuencia do transporte público (53,77%), a comodidade (50,77%) e o aproveitamento do desprazamento realizado por outra persoa (34,33%). En menor medida, tamén inflúen a longa duración da viaxe (8,55%), a distancia entre a vivenda e a parada máis próxima (8,40%) e a dispoñibilidade de aparcamento no lugar de estudo (8,24%), entre outros motivos.

Estudantes segundo os motivos polos que non usan o transporte público desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Non hai servizo alí onde vai ou a frecuencia é escasa 53,77 58.464
Comodidade 50,77 55.201
Aproveita o desprazamento que realiza outra persoa 34,33 37.326
A duración da viaxe é moi longa ou ten que facer moitos transbordos 8,55 9.300
Ten a parada lonxe da casa 8,40 9.138
Dispón de aparcadoiro alí onde vai 8,24 8.957
Sae máis caro 3,48 3.779
Os vehículos ou enlaces non están adaptados 1,47 1.600
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).
Nota: Esta pregunta vai dirixida ás persoas que non empregan transporte público (autobús, taxi, tren, outro medio de transporte público), bicicleta nin se desprazan andando para ir ao centro de estudos.

Case 360.000 estudantes teñen o centro de estudos a unha distancia de menos de 15 km da vivenda na que residen habitualmente, o que supón o 91,18% do total de estudantes. No outro extremo sitúanse as persoas que percorren 50 km ou máis ata chegar ao centro de ensino, un 1,92% do total.

Un 92% dos estudantes chegan en menos de 30 minutos ao centro de estudos (máis da metade, un 52,79%, faino nun tempo de entre 5 e 15 minutos). Un 6,52% inviste de 30 minutos a unha hora en percorrer esta distancia e só o 1,48% precisa máis dunha hora.

Estudantes segundo a distancia desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Menos de 1 km 31,03 122.371
De 1 a menos de 5 km 41,86 165.072
De 5 a menos de 15 km 18,29 72.124
De 15 a menos de 50 km 6,91 27.242
50 ou máis km 1,92 7.571
Total 100,00 394.379
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).

  

Estudantes segundo o tempo que tardan desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2025
Unidade: Número, porcentaxe
Porcentaxe Número
Menos de 5 minutos 14,39 56.739
De 5 a menos de 15 minutos 52,79 208.181
De 15 a menos de 30 minutos 24,82 97.892
De 30 a menos de 60 minutos 6,52 25.726
60 ou máis minutos 1,48 5.841
Total 100,00 394.379
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).

Ao igual que na mobilidade por cuestión de traballo, nos desprazamentos ao centro de estudos nos sete grandes concellos aprécianse diferenzas respecto dos valores galegos cara unha mobilidade máis urbana. Redúcese o uso do transporte privado e aumenta o peso dos desprazamentos andando ou en bicicleta.

Principais resultados de mobilidade ao centro de estudos para os sete grandes concellos. Ano 2025
Unidade: Porcentaxe
Medio de transporte
Distancia
Tempo
Só transporte privado Só transporte público Só non motorizado (andando, bicicleta) Menos de 5 km Menos de 15 minutos
A Coruña 11,34 38,64 44,56 82,35 71,05
Ferrol 24,14 10,16 61,09 90,10 84,40
Santiago de Compostela 26,01 25,27 44,47 86,88 68,93
Lugo 24,84 6,83 50,10 96,63 76,90
Ourense 17,19 21,61 51,58 85,31 74,85
Pontevedra 22,43 30,86 45,92 82,40 63,96
Vigo 22,03 17,49 55,97 89,66 77,25
Total grandes concellos 19,64 24,02 50,23 87,03 73,67
Galicia 27,57 30,50 34,28 72,89 67,18
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. (descarga da táboa).

Nos desprazamentos ao centro de estudos, o transporte privado ten menos peso nos grandes concellos ca no conxunto de Galicia:

O uso do transporte público tamén é menor nos grandes concellos:

A principal diferenza está no transporte non motorizado, é dicir, nos desprazamentos a pé ou en bicicleta:

En canto á distancia e tempo de desprazamento:

4 Como nos desprazamos nas actividades da vida cotiá?

Para os desprazamentos distintos do traballo e do estudo o transporte privado é o medio máis usado. Inclúense aquí desprazamentos para compras, ocio, visitas a familiares e amigos, acompañamento de nenos ou maiores e xestións persoais ou familiares. A porcentaxe de uso do transporte privado rolda entre o 56,47% para ir de ocio e o 67,02% para facer visitas a familiares e amigos.

O segundo medio máis empregado para desprazarse a realizar este tipo de tarefas é o transporte non motorizado (no que se inclúe a bicicleta e camiñar 10 ou máis minutos). Destaca a presenza deste medio para ir de compras, cun uso de case o 30% da poboación.

O transporte público presenta un uso reducido en todos os motivos analizados. As porcentaxes oscilan entre o 5,04% no caso de acompañar nenos ou persoas maiores e o 8,07% nas xestións familiares ou persoais. En xeral, o seu peso é inferior ao do transporte privado e tamén ao da mobilidade non motorizada. Só supera aos desprazamentos andando de menos de 10 minutos ou sen desprazamento nos casos das visitas e xestións familiares.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade (descarga da táboa).

A continuación preséntase a distribución territorial dos medios de transporte empregados para os desprazamentos por ocio. Os mapas amosan diferenzas relevantes entre áreas xeográficas.

A primeira conclusión é clara: existe unha forte dependencia do transporte privado no conxunto de Galicia. As maiores porcentaxes rexístranse en zonas do interior, onde destaca a área de Lugo oriental, na que máis dun 80% da súa poboación emprega o coche ou a moto para saídas de ocio. O transporte público é o medio que menos se utiliza, rexistrando un maior uso nas zonas urbanas. Pola súa banda, o transporte non motorizado (bicicleta ou andando máis de 10 minutos) ten unha menor incidencia naquelas áreas nas que o transporte privado ten maior relevancia. Finalmente, as áreas de Ourense e a de Ferrol-Eume-Ortegal son as que presentan unha maior porcentaxe de persoas que precisan andar menos de 10 minutos por motivos de ocio.