ÍNDICE


Introdución

A Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) en colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPF) da Consellería do Medio Rural (CMR) con carácter anual. A información difundida mediante esta estatística procede da explotación das declaracións e solicitudes de aproveitamentos en montes e terreos forestais dispoñibles na DXPF, combinado coa Base de datos Sociodemográfica dispoñible no IGE.

O obxectivo desta actividade é analizar as características socioeconómicas das unidades físicas e xurídicas que solicitan aproveitamentos forestais. Neste traballo centrarémonos nas solicitudes de xestión privada

Aproveitamentos forestais segundo o tipo de persoa que solicita e a residencia da persoa física

No ano 2023, 30.840 persoas solicitaron aproveitamentos forestais en Galicia, destas 28.122 eran persoas residentes en Galicia, 1.967 residían fóra de Galicia e 751 eran persoas xurídicas. As persoas residentes en Galicia cortaron o 79,5% do volume total, cunha media de 252,6 m3 por persoa.

Aproveitamentos forestais segundo o tipo de persoa e residencia da persoa física. Ano 2023
Unidade: Número, m3 e Porcentaxe
Tipo de persoa/Residencia Nº de cortas Persoas que cortan Volume de cortas Porcentaxe de persoas Porcentaxe de volume Volume por persoa
Persoa xurídica 7.905 751 1.290.046,2 2,4 14,4 1.717,8
Fóra de Galicia 5.713 1.967 545.450,1 6,4 6,1 277,3
Galicia 85.326 28.122 7.102.940,4 91,2 79,5 252,6
A Coruña 39.942 11.429 3.831.644,0 37,1 42,9 335,3
Lugo 21.373 7.193 2.341.615,8 23,3 26,2 325,5
Ourense 7.624 3.661 195.423,9 11,9 2,2 53,4
Pontevedra 16.387 5.839 734.256,8 18,9 8,2 125,8
Total 98.944 30.840 8.938.436,7 100,0 100,0 289,8
Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)

Se nos fixamos na evolución do número de persoas que solicitaron aproveitamentos forestais e no volume das cortas destas solicitudes nos gráficos posteriores, obsérvase unha caída no ano 2020 e unha recuperación posterior no ano 2021 e 2022, tanto no número de persoas como no volume de cortas. O volume de cortas en 2023 diminuíu un 15,10% con respecto ó 2022.

                      Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)

                      Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)

Características dos solicitantes de aproveitamentos forestais: persoas xurídicas

Se se analiza o número de solicitantes de aproveitamentos forestais que son persoa xurídica no ano 2023, obsérvase que predominan os Montes veciñais, tanto en porcentaxe de cortas como no seu volume. Así, os montes veciñais realizan o 48,3% das cortas, que supoñen 74,7% do volume. Séguenlle a moita distancia as Sociedades limitadas e as Sociedades anónimas, que supoñen en volume de cortas o 12,0% e o 5,2% respectivamente.

Solicitudes de aproveitamentos forestais por persoas xurídicas. Ano 2023
Unidade: Número, m3 e Porcentaxe
Tipo de sociedade Nº de cortas Nº de sociedades Volume Porcentaxe de cortas Porcentaxe de volume
1-Sociedade anónima 846 22 67.703,9 10,7 5,2
2-Sociedade limitada 1.990 145 154.222,9 25,2 12,0
3-Comunidades de bens 333 31 36.397,2 4,2 2,8
4-Asociacións e fundacións 404 17 7.457,3 5,1 0,6
5-Montes veciñais 3.820 456 963.586,7 48,3 74,7
6-Outro tipo de sociedades 512 80 60.678,1 6,5 4,7
Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)

Características dos solicitantes de aproveitamentos forestais: persoas físicas residentes en Galicia

Neste apartado analízanse as características das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais que son persoas físicas e residentes en Galicia. Na pirámide seguinte obsérvase que se trata dunha poboación onde os homes representan o 58,1% e que se concentra maioritariamente entre os 60 e os 74 anos de idade. Así, a idade media no ano 2023 sitúase nos 64,4 anos, o primeiro cuartil (q1) é 55,0 anos e o terceiro cuartil (q3) é 75,0 anos.

                      Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)

Idade media, mediana e cuartis dos solicitates de aproveitamentos forestais residentes en Galicia. Ano 2023
Unidade: anos
Espazo Media q1 Mediana q3
Galicia 64,4 55 65 75
A Coruña 64,6 55 65 75
Lugo 65,2 55 65 76
Ourense 63,7 54 65 74
Pontevedra 63,2 54 64 74
Fonte: IGE. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa) Nota: q1: primeiro cuartil,q3: terceiro cuartil

Relación entre o concello do aproveitamento forestal e o concello de residencia do solicitante

Neste apartado analízase a relación entre o concello do recurso forestal e o concello de residencia da persoa solicitante do aproveitamento, para as persoas físicas e residentes en Galicia. Nos gráficos seguintes podemos ver que as persoas solicitantes viven próximos ao lugar onde está o recurso. Así, no ano 2023 o 79,5% vive na mesma comarca e o 20,5% en distinta comarca. Se se baixa ao nivel de concello obsérvase que o 66,4% vive no mesmo concello e o 24,3% vive en distinto concello e urbano (considérase urbano a Zona Densamente Poboada -ZDP- e a Zona intermedia-ZIP-).

                      Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)

                      Fonte: IGE-CMR. Caracterización socioeconómica das persoas solicitantes de aproveitamentos forestais (descarga da táboa)                       Nota: ZDP: Zona densamente poboada, ZIP: Zona intermedia, ZPP: Zona pouco poboada.

Nos mapas seguintes preséntase o volume dos aproveitamentos forestais segundo se o concello é o concello do recurso ou o de residencia da persoa solicitante do aproveitamente para o ano 2023 . Aínda que os mapas son moi parecidos, pódese observar pequenas diferenzas, sobre todo nas grandes cidades e nas súas contornas.

 

Volumen de aproveitamentos forestais. Ano 2023