Principais resultados

1 Vacantes nas empresas galegas

No terceiro trimestre de 2025 había en Galicia 14.478 vacantes nas empresas de 10 ou máis asalariados. O número de vacantes incrementouse en 892 con respecto do mesmo trimestre do ano 2024 (13.586).

Neste trimestre, o 18,0% das vacantes requirían titulación STEM1. Esta porcentaxe baixa con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, no que o 26,3% das vacantes requirían titulación STEM.

Número de vacantes nas empresas de 10 ou máis asalariados. Galicia.
Unidade: número
2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III TAXA DE VARIACIÓN INTERANUAL DO 2025/III
VACANTES 13.586 12.728 11.385 14.452 14.478 6,57
VACANTES STEM 3.568 3.548 2.871 2.505 2.601 -27,10
Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).

  Tal e como se reflexa no seguinte gráfico, o maior número de vacantes en Galicia rexístrase nas empresas que teñen entre 10 e 49 asalariados.

                                       Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).

  O principal motivo polo que as empresas non tiñan vacantes foi “Non se necesita ningunha persoa máis”, que superou o 82% no terceiro trimestre de 2025.

                                       Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).

 

No terceiro trimestre de 2025, o 21,4% das empresas con vacantes aínda tiñan sen cubrir as do trimestre anterior. No mesmo trimestre do ano anterior esta porcentaxe foi do 19,1%.

O motivo máis indicado como causante de non ter cubertas as vacantes foi a falta de persoas candidatas con formación axeitada (non inclúe a formación superior STEM nin a preparación dixital) ; esta porcentaxe foi de 31,2% no terceiro trimestre do ano 2025.

Motivos polos que as empresas con vacantes non puideron cubrilas. Galicia.
Unidade: porcentaxes
Motivos 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III
Falta de persoas candidatas con titulación superior STEM 22,54 21,13 22,97 19,44 19,48
Falta de persoas candidatas con preparación dixital suficiente 8,45 5,63 12,16 5,56 5,19
Falta de persoas candidatas con formación axeitada non incluída nos dous anteriores 38,03 35,21 36,49 30,56 31,17
As persoas candidatas non consideraron axeitadas as condicións económicas 12,68 15,49 14,86 14,81 18,18
As persoas candidatas non consideraron idóneas outras circunstancias do posto 11,27 22,54 24,32 31,48 25,97
Outros 42,25 40,85 31,08 34,26 37,66
Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).


2 Utilización da capacidade produtiva das empresas galegas do sector servizos


No terceiro trimestre de 2025, o 64,1% das empresas empregan as súas instalacións, maquinaria e/ou equipamento máis do 75%. Esta porcentaxe incrementouse con respecto do mesmo trimestre do ano anterior que era do 61,7%.

Grao de utilización das instalacións, maquinaria e/ou equipamento. Galicia.
Unidade: porcentaxes
2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III
Menos do 25% 4,69 5,76 7,14 5,42 4,83
Entre o 25% e 50% 8,07 8,38 9,79 10,57 8,04
Entre 50% e 75% 25,52 23,56 24,34 22,22 23,06
Máis do 75% 61,72 62,30 58,73 61,79 64,08
Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).

  No que respecta ao grao de ocupación do persoal, no terceiro trimestre de 2025, o 71,9% das empresas empregan ao seu persoal máis do 75% da súa xornada laboral.

Grao de ocupación do persoal. Galicia.
Unidade: porcentaxes
2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III
Menos do 25% 3,39 4,19 5,29 2,71 3,22
Entre o 25% e 50% 7,81 6,81 7,67 8,40 5,36
Entre 50% e 75% 15,89 16,75 21,69 19,24 19,57
Máis do 75% 72,92 72,25 65,34 69,65 71,85
Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).

3 Indicador de sentimento harmonizado do sector servizos

Calculando a diferenza entre a porcentaxe de empresas con resposta favorable e a porcentaxe de empresas con resposta desfavorable nos distintos items do indicador de sentimento económico para o sector servizos (Economic Sentiment Indicator for the services sector ou ESI.SERV) obtéñense os seguintes indicadores:

Indicador de sentimento harmonizado do sector servizos (balance). Galicia.
Unidade: porcentaxes
2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III
Percepción da situación empresarial no trimestre en curso 11,83 13,35 7,64 7,37 12,85
Percepción da evolución da demanda de servizos no trimestre en curso 12,51 14,25 8,21 12,87 16,38
Previsión da evolución da demanda no próximo trimestre 18,51 18,71 25,34 24,93 12,92
Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).

A percepción da situación empresarial no sector servizos mantense en valores positivos. O mesmo ocorre coa percepción da evolución da demanda de servizos. É dicir, hai máis respostas positivas que negativas.

A previsión da evolución da demanda para o próximo trimestre acada o valor 12,9% . Este valor positivo segue a senda do ano 2024, no que este indicador acadou valores positivos nos catro trimestres.

4 Notas metodolóxicas

A Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas, grao de utilización da capacidade produtiva e indicador de sentimento do sector servizos de Galicia é unha operación estatística na que se enmarcan tres estudos:

Unha vacante de emprego2 refírese a un posto de traballo remunerado, creado recentemente, que non está ocupado, ou que está a punto de quedar libre, para o cal o empregador:

  1. está tomando e preparando medidas activas co obxecto de atopar un candidato idóneo alleo á empresa en cuestión, e
  2. ten a intención de cubrilo de forma inmediata ou nun prazo de tempo determinado.

5 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE.Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas, grao de utilización da capacidade produtiva e indicador de sentimento do sector servizos de Galicia.


  1. STEM é un acrónimo dos termos en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
    ↩︎

  2. Segundo a definición do Regulamento (CE) No 453/2008 do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de abril de 2008 relativo ás estatísticas trimestrais sobre vacantes de emprego na Comunidade)
    ↩︎