Principais resultados

1. Introdución

O Programa estatístico anual de 2026, aprobado mediante o Decreto 128/2025, do 29 de decembro, prevé a reestruturación do proxecto técnico da operación estatística Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas, grao de utilización da capacidade produtiva e indicador de sentimento do sector servizos de Galicia.

Como consecuencia deste proceso de revisión, a partir do segundo trimestre de 2026 non se publican os datos relativos ao grao de utilización da capacidade produtiva do sector servizos nin ao indicador de sentimento harmonizado deste sector.

A reestructuración inclúe tamén unha nova estratificación da mostra co obxectivo de mellorar o contido informativo da enquisa. Deste xeito, a nova edición permitirá ofrecer resultados por sector económico e tamaño da empresa segundo o número de persoas empregadas.

2. Vacantes nas empresas galegas

No segundo trimestre de 2026, estímase que había 11.779 postos vacantes nas empresas con sede en Galicia de 10 ou máis asalariados.

Das 11.779 vacantes que estimamos nas empresas, 2.608 postos requirían unha titulación superior STEM, o 22,14% do total.

Número de vacantes nas empresas de 10 ou máis asalariados. Galicia.
Unidade: número
2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II TAXA DE VARIACIÓN INTERANUAL DO 2026/II
VACANTES 14.452 14.478 11.915 11.305 11.779 -18,50
VACANTES STEM 2.505 2.601 1.776 2.635 2.608 4,11
Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa).


O 80,11% das empresas galegas non tiñan postos vacantes no segundo trimestre do ano.

O principal motivo polo que as empresas non tiñan vacantes era que a demanda actual non requiría incorporar máis persoal (73,69%). O elevado custo laboral asociado á incorporación de novo persoal foi sinalado polo 26,70%.


             Fonte: IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas.(descarga da táboa).

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas.