ÍNDICE


Principais resultados

Introdución

O principal obxectivo desta actividade estatística é coñecer o número de traballadores en alta laboral na Seguridade social e nas distintas mutualidades, Instituto Social de las Fuerzas Armadas (ISFAS), Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado (MUFACE) e Mutualidad General Judicial (MUGEJU), por concello de residencia do traballador, así como a distribución segundo o sexo e a idade. Por outra banda, tamén se analizan as afiliacións nas distintas mutualidades en alta laboral en Galicia por concello e comarca de residencia da persoa afiliada e por sectores e seccións de actividade segundo a CNAE-2009.

Só se consideran as afiliacións de persoas que traballan e residen na Comunidade Autónoma de Galicia. Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliación co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE), naqueles casos onde sexa posible; noutro caso manterase o concello de residencia que figure no ficheiro de afiliación da mutualidade correspondente.

Para un mesmo traballador, poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se ten varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións, cada traballador contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Porén, para as táboas de persoas afiliadas, cada traballador contabilízase unha única vez.

Situación da afiliación á Seguridade Social e mutualidades en Galicia

Afiliacións á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e provincias. Decembro de 2024
Unidade: Afiliacións
Espazo 2024/Decembro Variación relativa respecto a 2023/Decembro(%)
Galicia 1.084.093 1,2
A Coruña 462.658 1,6
Lugo 129.412 0,6
Ourense 110.596 1,2
Pontevedra 381.427 1,0

 

Persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e provincias. Decembro de 2024
Unidade: Persoas
Espazo 2024/Decembro Variación relativa respecto a 2023/Decembro(%)
Galicia 1.043.859 1,1
A Coruña 445.500 1,4
Lugo 123.784 0,5
Ourense 106.415 1,2
Pontevedra 368.160 0,9

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades. Descarga das táboas (Afiliacións) (Afiliados)


En Galicia en decembro de 2024 rexistráronse 1.084.093 afiliacións á Seguridade Social, ISFAS, MUFACE e MUGEJU. En canto a persoas afiliadas, rexistráronse 1.043.859 persoas afiliadas nas distintas mutualidades. Con respecto ao mesmo mes do ano anterior, as afiliacións aumentaron un 1,2% e as persoas afiliadas un 1,1%.

Se se fai unha análise por mutualidades, pódese observar que as afiliacións á Seguridade Social incrementáronse en decembro de 2024 un 1,5%, con respecto a decembro do ano anterior, mentres que as afiliacións nas mutualidades estudadas diminuíron un 4,5%.

Afiliacións á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia
Unidade: Afiliacións
2023/Decembro 2024/Decembro Variación relativa (%)
Afiliacións totais 1.070.771 1.084.093 1,2
Afiliacións á Seguridade social 1.030.611 1.045.728 1,5
Mutualidades 40.160 38.365 -4,5

                                   Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades.

Persoas afiliadas por sexo e grupos de idade

Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral constrúese o seguinte indicador de estrutura: poboación afiliada de 40 ou máis anos, dividido entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos multiplicado por cen.

Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o de taxa de substitución da poboación afiliada (cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100). Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social e mutualidades coa que está en idade próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

Persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Decembro de 2024
Unidade: Persoas, porcentaxes
Espazo 2023/Decembro 2024/Decembro % sobre o total 2024/Decembro
Galicia 1.032.427 1.043.859 100,0
A Coruña 98.166 99.558 9,5
Ferrol 20.841 21.279 2,0
Santiago de Compostela 42.400 43.081 4,1
Lugo 40.778 41.477 4,0
Ourense 40.021 40.959 3,9
Pontevedra 32.844 33.163 3,2
Vigo 114.697 115.904 11,1

 

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Decembro de 2024
Unidade: Porcentaxes
Espazo Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 235,2 17,6
A Coruña 217,9 18,0
Ferrol 238,0 17,8
Santiago de Compostela 244,1 13,4
Lugo 243,5 15,7
Ourense 227,4 16,2
Pontevedra 260,0 15,7
Vigo 231,8 18,3

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa)


En decembro de 2024, por cada 100 persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 235,2 traballadores maiores desta idade. Os sete grandes concellos galegos, agás A Coruña, Ourense e Vigo, presentaban, para este indicador, valores superiores á media galega, que variaban desde 260 no concello de Pontevedra ata 238 en Ferrol.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade próxima a abandonar o mercado laboral, contabilízanse 18 persoas que acaban de ingresar no mercado.


 

Persoas afiliadas á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral segundo sexo. Galicia e sete grandes concellos. Decembro 2024
Unidade: Persoas, porcentaxes
Espazo Total Homes Mulleres % Mulleres
Galicia 1.043.859 528.706 515.153 49,4
A Coruña 99.558 47.775 51.783 52,0
Ferrol 21.279 10.752 10.527 49,5
Santiago de Compostela 43.081 20.661 22.420 52,0
Lugo 41.477 19.603 21.874 52,7
Ourense 40.959 19.203 21.756 53,1
Pontevedra 33.163 15.978 17.185 51,8
Vigo 115.904 56.777 59.127 51,0

                              Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades (descarga da táboa)


En decembro de 2024 o 49,4% das persoas afiliadas en Galicia son mulleres. O grupo de idade con maior número de persoas afiliadas corresponde á idade de 45-49 anos, tanto no caso dos homes como no das mulleres. Nos sete grandes concellos, a porcentaxe de mulleres superou á dos homes agás en Ferrol, donde a porcentaxe de mulleres foi inferior e situouse no 49,5%.


Afiliacións por actividade

As 1.084.093 afiliacións que houbo en Galicia en decembro de 2024 repártense entre Agricultura e pesca (4,6%), Industria e enerxía (13,2%), Construción (7,1%), Servizos (74,6%). Ademais, temos unha pequena porcentaxe das afiliacións (0,6%) que non foi posible asignar a ningún sector por falta de información ao respecto.


Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por sectores de actividade. Decembro de 2024

Unidade: Porcentaxe

                              Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

Por seccións de actividade destacan a rama do comercio co 16,3% do total de afiliacións e a rama da industria manufactureira que posúe o 12,2% do total de afiliacións.

Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por seccións de actividade. Decembro de 2024

Unidade: Porcentaxe

                              Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)

O sector servizos aglutina o maior número de afiliacións (74,6%). O mapa seguinte reflexa a distribución das afiliacións nos servizos por concello de residencia e amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes. Cabe destacar Santiago de Compostela e A Coruña, onde o 88% e 86,3% das afiliacións existentes a finais de decembro do ano 2024 correspondían ao sector servizos.

 

Taboa dos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral nos servizos. Decembro de 2024
Unidade: Porcentaxes
Espazo % Afiliacións servizos
Santiago de Compostela 88,0
A Coruña 86,3
Ames 84,6
Lugo 84,1
Oleiros 83,7
Negueira de Muñiz 83,6
Pontevedra 83,3
Ourense 82,4
Castrelo do Val 82,4
Sada 81,6
Teo 81,6
Culleredo 81,3
Ferrol 81,0
Monforte de Lemos 80,5
Mondariz-Balneario 80,5

                              Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos