Principais resultados

1 Poboación en relación coa actividade económica

No primeiro trimestre, a poboación activa de Galicia rexistrou unha variación interanual do 2,6 %, situándose en 1.294.100 persoas. En paralelo, o número de persoas ocupadas experimentou unha taxa de variación interanual do 2,4 %, ata acadar as 1.178.100 persoas. O colectivo de persoas paradas increméntase un 4,4 % interanual no mesmo intervalo temporal, quedando en 115.900 persoas.

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación Variación intertrimestral Variación interanual
Total 2.389,8 -0,1 0,4
Activos 1.294,1 0,0 2,6
Poboación ocupada 1.178,1 -0,7 2,4
Poboación parada 115,9 8,4 4,4
Inactivos 1.095,7 -0,1 -2,2
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nos últimos nove trimestres, a taxa de variación interanual da poboación ocupada en Galicia situouse, en xeral, por debaixo da rexistrada no conxunto de España. Porén, no cuarto trimestre de 2025 Galicia superou lixeiramente a media estatal e, no primeiro trimestre de 2026, ambas as taxas coinciden no 2,4 %.


Taxa de variación interanual da poboación ocupada.

Unidade: Tanto por cento

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

2 Poboación activa

A taxa de actividade aumentou no primeiro trimestre en 1,2 puntos porcentuais respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose no 54,2 %. No caso dos homes, a taxa incrementouse en 0,5 puntos porcentuais ata alcanzar o 56,7 %, mentres que entre as mulleres o aumento foi de 1,8 puntos porcentuais, situándose no 51,8 %.

Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Tanto por cento
Taxa de actividade Variación absoluta trimestral Variación absoluta anual
Total 54,2 0,1 1,2
Homes 56,7 -0,2 0,5
Mulleres 51,8 0,2 1,8
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

3 Poboación ocupada

O número de persoas ocupadas en Galicia aumentou no primeiro trimestre un 2,4 % respecto ao mesmo período do ano anterior, situándose en 1.178.100 persoas. A poboación ocupada feminina aumentou un 3,9 %, fronte ao 1 % da ocupación masculina no mesmo período. Deste xeito, a poboación ocupada masculina, con 592.500 homes, é lixeiramente superior á feminina, que suma 585.600 mulleres.

Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación ocupada Taxa intertrimestral (%) Taxa interanual (%)
Total 1.178,1 -0,7 2,4
Homes 592,5 -0,7 1,0
Mulleres 585,6 -0,7 3,9
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por grupos de idade, os incrementos anuais rexístranse nos colectivos de 55 e máis anos (6,4 %) e de 16 a 24 anos (8,2 %). O número de ocupados de 25 a 54 aumenta un 0,8 % no período.

Poboación ocupada segundo idade. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación ocupada Taxa intertrimestral (%) Taxa interanual (%)
Total 1.178,1 -0,7 2,4
de 16 a 24 anos 50,4 10,0 8,2
de 25 a 54 anos 834,7 -2,2 0,8
de 55 e máis anos 293,0 1,8 6,4
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Segundo a situación profesional, o 81,35 % da poboación ocupada en Galicia no primeiro trimestre é asalariada. Deste total, o 63,99 % corresponde ao sector privado e o 17,36 % ao sector público. Pola súa banda, os traballadores independentes e os empresarios sen asalariados representan o 11,98 %, mentres que os empresarios con persoal asalariado supoñen o 5,93 %.

Poboación ocupada segundo situación profesional. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación ocupada Distribución (%)
Total 1.178,1 100,00
Empresario con asalariados 69,9 5,93
Traballador independente ou empresario sen asalariados 141,1 11,98
Asalariado do sector público 204,5 17,36
Asalariado do sector privado 753,9 63,99
Outra situación 8,8 0,75
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

4 Poboación parada

A taxa de paro aumentou no primeiro trimestre en Galicia en 0,2 puntos porcentuais en termos interanuais, situándose no 9 %. A taxa de paro masculina incrementouse en 0,2 puntos porcentuais, situándose no 8,4 %, mentres que a taxa de paro feminina quedou no 9,5 %, cun aumento interanual de 0,1 puntos porcentuais.

Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Tanto por cento
Taxa de paro Variación absoluta trimestral Variación absoluta anual
Total 9,0 0,7 0,2
Homes 8,4 0,4 0,2
Mulleres 9,5 1,0 0,1
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

O número de persoas paradas en Galicia ascende a 115.900, cun incremento interanual do 4,4 %. Delas, 54.400 son homes, cun incremento do 3,2 %, e 61.500 son mulleres, cun aumento do 5,7 %.

Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2026
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Poboación Taxa intertrimestral (%) Taxa interanual (%)
Total 115,9 8,4 4,4
Homes 54,4 4,6 3,2
Mulleres 61,5 12,0 5,7
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

A taxa de paro en Galicia mantívose por debaixo da española nos últimos 9 trimestres, situándose no primeiro trimestre de 2026 1,8 puntos porcentuais por baixo da española, ao situarse no 9 %, fronte ao 10,8 % a nivel estatal.


Taxa de paro

Unidade: Tanto por cento

Fonte: INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

5 Notas metodolóxicas

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

6 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE. Enquisa de poboación activa (EPA)