Principais resultados

1 Produto Interior Bruto. Segundo trimestre de 2026

No segundo trimestre do 2026, o Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía galega, medido en termos de volume encadeado e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación intertrimestral do 0,5% e unha variación interanual do 2,4%.

Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación
Unidade: porcentaxe
Dato 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
Taxa de variación trimestre anterior 0,7 0,4 0,7 0,7 0,5 0,5
Taxa de variación interanual 3,3 2,8 2,4 2,5 2,3 2,4
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

PIB. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

A economía galega mostra un crecemento equilibrado, cunha contribución tanto da demanda interna como da demanda externa ao crecemento interanual do PIB de 1,2 puntos porcentuais.

Dentro da demanda interna, todos os compoñentes rexistran taxas positivas. O maior incremento rexístrase na formación bruta de capital (1,6%). Pola súa parte, o gasto en consumo final dos fogares e ISFLSF crece un 1% e o consumo público un 1,5%.

En relación ao sector exterior, as exportacións crecen un 0,4% mentres que caen as importacións un 2%.

Compoñentes do PIB pola vía da demanda. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
Gasto en consumo final 0,9 2,5 2,0 1,4 1,5 1,1
Gasto dos fogares e ISFLSF 0,6 2,6 1,6 1,5 1,4 1,0
Gastos das AA.PP. 1,8 2,3 3,0 1,0 2,0 1,5
Formación bruta de capital 3,0 5,9 4,0 3,2 3,0 1,6
Demanda interna (en termos nacionais) (*) 1,3 3,0 2,2 1,6 1,7 1,2
Exportación de bens e servizos 1,7 -0,5 3,2 -1,4 1,2 0,4
Importación de bens e servizos -2,0 -0,2 3,1 -3,2 0,2 -2,0
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).
Nota: (*) Contribución ao crecemento do PIB.

No que respecta á oferta, aumenta o VEB de todos os grandes sectores de actividade. Os maiores incrementos rexístranse na construción e nos servizos, cunha taxa do 3,3%. Pola súa parte, o VEB das ramas primarias aumenta o 1,6% e o VEB da industria o 0,7%.

Compoñentes do PIB pola vía da oferta. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
VEB. Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 1,8 -0,6 -0,8 -0,3 1,4 1,6
VEB. Industria -2,1 -2,1 2,3 0,8 1,0 0,7
VEB. Construción 5,7 6,9 7,1 7,3 5,4 3,3
VEB. Servizos 5,1 4,1 2,7 3,0 2,8 3,3
Impostos netos sobre os produtos -0,9 -0,3 -1,3 -1,0 -1,5 -1,5
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

No segundo trimestre do 2026, o PIB valorado a prezos correntes e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 5,6%, sendo esta variación 0,3 puntos inferior á rexistrada no trimestre precedente.

Pola súa parte, o deflactor implícito do PIB medrou un 3,1% neste trimestre.

Os postos de traballo equivalentes a tempo completo rexistran un crecemento interanual do 0,7%, 0,7 puntos inferior ao do trimestre anterior.

Postos de traballo equivalentes a tempo completo e horas efectivas. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Dato 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV 2026/I 2026/II
Postos de traballo equivalentes a tempo completo 1,2 1,4 1,5 1,6 1,4 0,7
Horas traballadas -0,1 1,2 1,4 1,5 1,5 0,8
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

As horas traballadas aumentan un 0,8% en taxa interanual no segundo trimestre (1,5% no trimestre anterior).

Considerando o cociente entre o PIB e o factor traballo, a produtividade aparente real por posto de traballo equivalente a tempo completo medrou un 1,6% neste trimestre, o mesmo que a produtividade por hora traballada (1,6%).

2 Notas metodolóxicas

As Contas económicas trimestrais son unha estatística de síntese de carácter conxuntural. O seu obxectivo primordial é proporcionar unha descrición cuantitativa e coherente do conxunto da actividade económica galega. Con esta finalidade, elabórase un cadro macroeconómico que ofrece o ritmo de crecemento do PIB galego e das súas compoñentes.

Esta actividade é unha réplica trimestral simplificada das Contas económicas anuais que, pola súa maior frecuencia de elaboración, permite o seguimento conxuntural da actividade económica. Estas estimacións axústanse aos mesmos principios de coherencia e equilibrio contable que as contas de frecuencia anual e, por conseguinte, ao marco do Sistema Europeo de Contas 2010 (SEC-2010). Pódese dicir que as Contas económicas trimestrais supoñen un compromiso entre o rigor e a amplitude das Contas anuais e a rapidez e oportunidade dos indicadores conxunturais.

As utilidades concretas das Contas económicas trimestrais de Galicia son as seguintes:

3 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: