Principais resultados

Evolución anual do PIB. Volume encadeado referencia ano 2020=100

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

1 Produto interior bruto. Ano 2025

No conxunto do 2025 o Produto Interior Bruto (PIB) en termos de volume medrou un 2,6% con respecto ao ano 2024.

Desde a óptica da demanda, o crecemento do PIB estivo sustentado fundamentalmente pola demanda interna, que contribúe ao crecemento en 2,4 puntos porcentuais. Neste comportamento destaca especialmente o notable incremento da formación bruta de capital, que medrou un 4,2% con respecto ao rexistrado no ano anterior. Pola súa banda, o consumo privado aumentou un 2%, tamén cun ritmo superior ao do exercicio precedente, mentres que o consumo das administracións públicas moderou o seu crecemento ata o 2,3%, situándose por debaixo da taxa de 2024.

A demanda externa mantivo unha contribución positiva ao crecemento, achegando 0,2 puntos porcentuais ao crecemento do PIB. Este resultado prodúcese nun contexto no que as exportacións de bens e servizos se mantiveron estables (0%), ao tempo que as importacións diminuíron un 0,3%.

Compoñentes do PIB pola vía da demanda. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Taxas de variación anual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

Desde a óptica da oferta, a construción amosa un notable dinamismo no conxunto de 2025, cunha taxa de variación do Valor Engadido Bruto (VEB) do 7,3 %. Asemade, o VEB da industria medra un 2,2 % e o do sector servizos un 2,7 %. As ramas primarias rexistran un incremento máis moderado, cunha taxa de variación do 1,3 %.

Compoñentes do PIB pola vía da oferta. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Taxas de variación anual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

O valor do PIB a prezos correntes acada os 86.001 millóns de euros, un 5,7% superior ao de 2024.

Pola súa parte, o deflactor implícito do PIB crece un 3,0%, dúas décimas máis que no ano anterior.

En relación ao emprego, tanto os postos de traballo equivalentes a tempo completo como as horas traballadas aumentan un 1% no conxunto do ano 2025.

Considerando o crecemento do PIB e o do emprego en 2025, a produtividade aparente real por posto de traballo equivalente a tempo completo aumenta un 1,5% neste ano, tres décimas máis que no ano anterior. Pola súa parte, a produtividade por hora traballada aumenta un 1,6%, tres décimas menos que en 2024.

2 Produto Interior Bruto. Cuarto trimestre de 2025

No cuarto trimestre do 2025, o Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía galega, medido en termos de volume encadeado e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación intertrimestral do 0,7% e unha variación interanual do 2,4%.

Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación
Unidade: porcentaxe
Dato 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Taxa de variación trimestre anterior 0,7 0,7 0,9 0,6 0,7 0,4 0,5 0,7
Taxa de variación interanual 2,3 3,0 3,3 2,8 2,9 2,6 2,2 2,4
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

PIB. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

No cuarto trimestre, a demanda interna contribuíu con 2 puntos porcentuais ao crecemento interanual do PIB galego, catro décimas menos que no trimestre anterior. Por outra banda, a contribución da demanda externa ao crecemento é positiva (0,4 puntos) frente á contribución negativa (-0,2 puntos) do trimestre precedente.

Evolución do PIB en volume e contribucións da demanda interna e da demanda externa

Unidade: taxas de variación en porcentaxe e contribucións en puntos porcentuais

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

Dentro da demanda interna, o gasto en consumo final dos fogares e ISFLSF crece máis que no trimestre anterior (2,1% fronte a 1,6%), mentres que se modera o avance do consumo público (ata o 0,9%) e o da formación bruta de capital (ata o 3,3%) .

En relación ao sector exterior, diminúen tanto as exportacións como as importacións. As exportacións de bens e servizos presentan unha taxa interanual do -2,3%, e as importacións do -3,1%.

Compoñentes do PIB pola vía da demanda. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Gasto en consumo final 3,9 1,7 2,4 2,8 1,7 2,7 2,1 1,8
Gasto dos fogares e ISFLSF 2,7 0,5 1,6 1,8 1,3 2,9 1,6 2,1
Gastos das AA.PP. 7,1 5,4 5,0 5,8 2,7 2,3 3,3 0,9
Formación bruta de capital -0,5 -1,0 2,4 4,4 2,7 6,6 4,4 3,3
Demanda interna (en termos nacionais) (*) 3,0 1,2 2,4 3,1 1,8 3,3 2,4 2,0
Exportación de bens e servizos 1,1 4,6 3,8 3,0 1,2 -1,2 2,2 -2,3
Importación de bens e servizos 2,5 1,7 2,3 3,5 -0,7 -0,1 2,6 -3,1
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).
Nota: (*) Contribución ao crecemento do PIB.

No que respecta á oferta, aumenta o VEB de todos os grandes sectores de actividade. O maior incremento rexístrase na construción, cunha taxa do 9,3%. Pola súa parte, o VEB das ramas primarias presenta unha taxa de variación interanual do 1,2%, o VEB da industria medra un 1,5% e o VEB do sector servizos un 2,5%.

Compoñentes do PIB pola vía da oferta. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
VEB. Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 4,5 4,2 1,4 2,6 3,0 0,0 0,9 1,2
VEB. Industria 4,3 4,2 5,0 -0,3 1,5 2,4 3,4 1,5
VEB. Construción 3,3 5,3 4,5 6,0 5,2 6,4 8,4 9,3
VEB. Servizos 1,6 2,7 3,2 3,6 3,3 2,9 1,9 2,5
Impostos netos sobre os produtos 0,9 -0,1 0,7 0,9 0,9 -0,1 -1,4 -1,0
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

No cuarto trimestre do 2025, o PIB valorado a prezos correntes e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 6,2%, sendo esta variación 1,2 puntos maior á rexistrada no trimestre precedente.

Pola súa parte, o deflactor implícito do PIB medrou un 3,6% neste trimestre.

Os postos de traballo equivalentes a tempo completo rexistran un crecemento interanual do 1,2%, 0,1 puntos superior ao do trimestre anterior.

Postos de traballo equivalentes a tempo completo e horas efectivas. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Dato 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II 2025/III 2025/IV
Postos de traballo equivalentes a tempo completo 2,1 1,5 1,3 1,4 0,7 1,0 1,1 1,2
Horas traballadas 2,2 0,5 0,4 0,8 0,0 0,8 1,4 1,6
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa).

As horas traballadas aumentan un 1,6% en taxa interanual no cuarto trimestre (1,4% no trimestre anterior).

Considerando de forma conxunta o crecemento do PIB trimestral e o do emprego, a produtividade aparente real por posto de traballo equivalente a tempo completo medrou un 1,2% neste trimestre, mentres que a produtividade por hora traballada incrementouse un 0,8%.

3 Notas metodolóxicas

As Contas económicas trimestrais son unha estatística de síntese de carácter conxuntural. O seu obxectivo primordial é proporcionar unha descrición cuantitativa e coherente do conxunto da actividade económica galega. Con esta finalidade, elabórase un cadro macroeconómico que ofrece o ritmo de crecemento do PIB galego e das súas compoñentes.

Esta actividade é unha réplica trimestral simplificada das Contas económicas anuais que, pola súa maior frecuencia de elaboración, permite o seguimento conxuntural da actividade económica. Estas estimacións axústanse aos mesmos principios de coherencia e equilibrio contable que as contas de frecuencia anual e, por conseguinte, ao marco do Sistema Europeo de Contas 2010 (SEC-2010). Pódese dicir que as Contas económicas trimestrais supoñen un compromiso entre o rigor e a amplitude das Contas anuais e a rapidez e oportunidade dos indicadores conxunturais.

As utilidades concretas das Contas económicas trimestrais de Galicia son as seguintes:

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: