Principais resultados

1 Produto Interior Bruto en volume

O Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía galega, medido en termos de volume encadeado e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 2,5% no segundo trimestre do 2025.

A variación intertrimestral do PIB sitúase no 0,5% (0,6% no trimestre anterior).

Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación
Unidade: porcentaxe
Dato 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Taxa de variación trimestre anterior 0,7 0,7 0,8 0,6 0,6 0,5
Taxa de variación interanual 2,3 3,0 3,2 2,8 2,8 2,5
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

PIB. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

   

PIB. Taxas de variación intertrimestral

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

A demanda interna contribuíu con 2,2 puntos porcentuais ao crecemento interanual do PIB galego. A aportación da demanda externa foi de 0,3 puntos porcentuais.

Evolución do PIB en volume e contribucións da demanda interna e da demanda externa

Unidade: taxas de variación en porcentaxe e contribucións en puntos porcentuais

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

No segundo trimestre do 2025, o gasto en consumo final dos fogares aumenta un 1,7%, máis que no trimestre anterior (0,3%). O gasto das Administracións públicas medra un 1,7%, o mesmo que no trimestre anterior.

Por outra banda, a formación bruta de capital experimenta un incremento de 3,3 puntos con respecto ao trimestre precedente, acadando un crecemento interanual do 4,8%.

As exportacións de bens e servizos presentan unha taxa interanual do -1,2% e as importacións do -2%.

Compoñentes do PIB pola vía da demanda. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Gasto en consumo final 3,9 2,0 2,6 2,4 0,7 1,7
Gasto dos fogares e ISFLSF 3,0 0,9 1,6 1,1 0,3 1,7
Gastos das AA.PP. 6,6 5,0 5,5 6,2 1,7 1,7
Formación bruta de capital -0,2 -0,7 2,4 3,8 1,5 4,8
Demanda interna (en termos nacionais) (*) 3,1 1,5 2,5 2,6 0,8 2,2
Exportación de bens e servizos 0,9 4,8 4,1 2,8 1,5 -1,2
Importación de bens e servizos 2,3 2,4 2,9 2,4 -2,1 -2,0
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

Nota: (*) Contribución ao crecemento do PIB

No que respecta á oferta, o Valor Engadido Bruto (VEB) de todos os grandes sectores de actividade rexistra taxas interanuais positivas no segundo trimestre de 2025.

O VEB das ramas primarias rexistra unha taxa de variación interanual do 0,1% (3,1% no trimestre anterior). Pola súa parte, o VEB da industria medra un 2,4%, sendo a taxa no trimestre precedente do 1,4%. O VEB do sector da construción crece un 6,6% (6,3% no primeiro trimestre). O sector servizos rexistra unha taxa do 2,7% (2,9% no trimestre anterior).

Compoñentes do PIB pola vía da oferta. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
VEB. Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 4,2 4,1 1,4 2,9 3,1 0,1
VEB. Industria 4,4 4,4 5,1 -0,6 1,4 2,4
VEB. Construción 2,6 5,2 4,8 6,5 6,3 6,6
VEB. Servizos 1,8 2,7 3,0 3,6 2,9 2,7
Impostos netos sobre os produtos 0,7 0,1 0,7 1,0 1,2 0,0
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

Evolución do valor engadido bruto por sectores. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

2 Produto Interior Bruto a prezos correntes e deflactor implícito

No segundo trimestre do 2025, o PIB, valorado a prezos correntes e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 5,8%, catro décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior. O deflactor implícito do PIB medrou un 3,2% neste trimestre.

A variación intertrimestral do PIB a prezos correntes sitúase no 1,2% (1,3% no trimestre anterior).

3 Emprego e produtividade

Os postos de traballo equivalentes a tempo completo rexistran un crecemento interanual do 1,4%, catro décimas superior ao do trimestre anterior.

Postos de traballo equivalentes a tempo completo e horas efectivas. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Dato 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I 2025/II
Postos de traballo equivalentes a tempo completo 2,1 1,5 1,4 1,4 1,0 1,4
Horas traballadas 2,3 0,6 0,6 0,4 -0,1 0,4
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

As horas traballadas aumentan un 0,4% en taxa interanual no segundo trimestre (-0,1% no trimestre anterior).

A produtividade aparente real por posto de traballo equivalente a tempo completo medrou un 1,1% neste trimestre, mentres que a produtividade por hora traballada incrementouse un 2,1%.

4 Notas metodolóxicas

As Contas económicas trimestrais son unha estatística de síntese de carácter conxuntural. O seu obxectivo primordial é proporcionar unha descrición cuantitativa e coherente do conxunto da actividade económica galega. Con esta finalidade, elabórase un cadro macroeconómico que ofrece o ritmo de crecemento do PIB galego e das súas compoñentes.

Esta actividade é unha réplica trimestral simplificada das Contas económicas anuais que, pola súa maior frecuencia de elaboración, permite o seguimento conxuntural da actividade económica. Estas estimacións axústanse aos mesmos principios de coherencia e equilibrio contable que as contas de frecuencia anual e, por conseguinte, ao marco do Sistema Europeo de Contas 2010 (SEC-2010). Pódese dicir que as Contas económicas trimestrais supoñen un compromiso entre o rigor e a amplitude das Contas anuais e a rapidez e oportunidade dos indicadores conxunturais.

As utilidades concretas das Contas económicas trimestrais de Galicia son as seguintes:

5 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: