Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


En novembro de 2025 rexistráronse 1.100.638 afiliación medias á Seguridade Social en Galicia, un 1,8% máis que en novembro de 2024. Destas, 1.069.769 (o 97,2%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

Débese ter en conta que un mesmo traballador ou traballadora pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador ou unha traballadora desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario/a, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos/as.

Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de persoas afiliadas medias con residencia en Galicia, a cifra baixa ás 1.028.160 persoas afiliadas en alta laboral ao Sistema da Seguridade Social en novembro de 2025, un 0,2% menos que o mes pasado e un 1,5% máis que en novembro de 2024

Se analizamos a situación a último día de mes, o número de persoas afiliadas con residencia en Galicia foi de 1.031.124, un 1,5% máis que en novembro de 2024.


Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Novembro de 2025
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable 2025/Novembro Variación relativa respecto a 2025/Outubro Variación relativa respecto a 2024/Novembro
Afiliacións medias
Afiliacións totais á Seg. Social 1.100.638 -0,2 1,8
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.069.769 -0,3 1,6
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.028.160 -0,2 1,5
Afiliacións último día de mes
Afiliacións totais á Seg. Social 1.100.736 0,5 1,8
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.072.995 0,5 1,6
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.031.124 0,4 1,5
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas medias por sexo e grupos de idade


Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: a poboación afiliada de 40 ou máis anos dividida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos e multiplicado por cen.

En novembro de 2025, por cada 100 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 227 traballadores/as maiores desta idade. Dos sete grandes concellos galegos, os concellos da Coruña, Ourense, Vigo, Santiago de Compostela e Lugo atópanse por debaixo da media galega. Entre os grandes concellos que teñen valores superiores a media, estes variaban dende 228 no concello de Ferrol ata 239 en Pontevedra.


Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Novembro de 2025
Unidade: tanto por cento
Espazo Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 227 19
Coruña, A 201 20
Ferrol 228 19
Santiago de Compostela 223 15
Lugo 223 18
Ourense 206 19
Pontevedra 239 17
Vigo 221 20
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Outro indicador analizado é o da taxa de substitución da poboación afiliada, definido como o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100. Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social coa que está próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

En Galicia, por cada 100 persoas que están próximos a abandonar o mercado laboral contabilízanse 19 persoas que ingresan ao Sistema da Seguridade Social.

A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.

Nos últimos doce meses (de novembro de 2024 a novembro de 2025), o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. O maior incremento experimentárono os concellos de Ourense (2,7%), Ferrol (2,5%) e Vigo (2,5%).

Persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Novembro de 2025
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello 2025/Novembro Variación relativa respecto a 2025/Outubro Variación relativa respecto a 2024/Novembro
Galicia 1.028.160 -0,2 1,5
Coruña, A 97.142 0,4 2,0
Ferrol 19.797 0,2 2,5
Santiago de Compostela 41.624 -0,6 1,5
Lugo 39.400 -0,2 1,3
Ourense 39.014 0,5 2,7
Pontevedra 31.122 -0,1 1,5
Vigo 115.187 0,5 2,5
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Variación interanual do número de persoas afiliadas medias

Unidade: taxas de variación interanuais

Galicia

   

A Coruña

Ferrol

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Ourense

Pontevedra

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

4. Afiliacións medias á Seguridade Social por sectores de actividade


O 4,7% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 13,8% rexístranse no sector industrial; o 7,5% na construción, e o 73,3% corresponden a actividades do sector servizos. En novembro de 2025 as afiliacións á Agricultura e Pesca diminuíron un 2,2%, mentres que no resto dos sectores se incrementaron: 1,3% industria, 1,6% o sector servizos e 2% a construción.

Nos seguintes mapas amósase o peso das afiliacións en alta laboral e as taxas de variación anual segundo os sectores de actividade e o concello de residencia do traballador ou da traballadora.


   

Afiliacións medias en alta laboral de persoas con residencia en Galicia por sectores de actividade. Novembro de 2025
Unidade: número, porcentaxe
Sector de actividade Afiliacións Porcentaxe Variación anual(%)
Total 1.069.769 100,0 1,6
Agricultura e pesca 50.431 4,7 -2,2
Industria 147.495 13,8 1,3
Construción 79.969 7,5 2,0
Servizos 784.314 73,3 1,6
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).



Os concellos cunha maior porcentaxe de traballadores e traballadoras afiliadas no sector primario atópanse no interior de Lugo (a excepción da capital de provincia, Rábade e Monforme de Lemos), nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, e na comarca do Deza.
As afiliacións na industria teñen un maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.

No que respecta á construción, sobresaen os municipios da zona da Costa da Morte (excepto Corcubión e Fisterra) e a meirande parte dos municipios do sur de Ourense e algúns do oeste da provincia.

O sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes.

En novembro de 2025, o número de afiliacións medias medrou ou mantívose estable no 62% dos concellos (194 concellos) en relación co mesmo mes do ano anterior, mentres que as afiliacións diminuíron nos outros 119. No sector servizos, as afiliacións aumentaron no 64,2% dos concellos galegos; na construción, no 57,5% e na industria, no 57,2%. Pola contra, na agricultura e pesca rexistrouse un descenso das afiliacións no 57,8% dos concellos.

 

Afiliacións medias á Seguridade Social en alta laboral por concellos. Novembro de 2025

Agricultura e pesca

Unidade: porcentaxe

   

Variación interanual das afiliacións a Seguridade Social por concellos. Novembro de 2025

Agricultura e pesca

Unidade: porcentaxe



Industria

Unidade: porcentaxe

   

Industria

Unidade: porcentaxe

Construción

Unidade: porcentaxe

   

Construción

Unidade: porcentaxe

Servizos

Unidade: porcentaxe

   

Servizos

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada


Notas metodolóxicas

O principal obxectivo desta operación estatística é coñecer o número de persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia. Tamén se analiza a distribución das afiliacións por sectores de actividade e réximes de cotización. Preséntanse os datos de afiliacións medias, obtidos como media dos datos diarios dos días hábiles do mes, e a fin de mes.

Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliacións recibido da Seguridade Social co Padrón municipal continuo de habitantes, recibido do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Para unha mesma persoa traballadora poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se desempeña varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións á Seguridade Social, cada persoa contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Pola contra, cando se fala persoas afiliadas, cada traballador ou traballadora contabilízase unha única vez.


Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada