Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


En outubro de 2025 rexistráronse 1.095.388 afiliacións á Seguridade Social en Galicia, sen apenas variación respecto ao mes anterior. Destas, 1.067.750 (o 97,5%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

Débese ter en conta que un mesmo traballador ou traballadora pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador ou unha traballadora desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario/a, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos/as.

Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de persoas afiliadas, a cifra baixa ás 1.026.641 persoas afiliadas en alta laboral ao Sistema da Seguridade Social en outubro de 2025, un 0,2% máis que o mes pasado.


Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Outubro de 2025
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable 2025/Outubro Variación relativa respecto a 2025/Setembro Variación relativa respecto a 2024/Outubro
Afiliacións totais á Seg. Social 1.095.388 0,0 2,0
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.067.750 0,3 1,8
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.026.641 0,2 1,6
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas por grupos de idade


Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: a poboación afiliada de 40 ou máis anos dividida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos e multiplicado por cen.

En outubro de 2025, por cada 100 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 226 traballadores/as maiores desta idade. Dos sete grandes concellos galegos, os concellos da Coruña, Ourense, Vigo, Santiago de Compostela e Lugo atópanse por debaixo da media galega. Entre os grandes concellos que teñen valores superiores a media, estes variaban dende 226 no concello de Ferrol ata 237,8 en Pontevedra.


Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Outubro de 2025
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello 2025/Outubro Variación relativa respecto a 2025/Setembro Variación relativa respecto a 2024/Outubro
Galicia 1.026.641 0,2 1,6
Coruña, A 96.692 0,6 1,9
Ferrol 19.754 0,8 2,8
Santiago de Compostela 41.725 0,2 2,0
Lugo 39.271 -0,1 1,2
Ourense 38.905 0,9 2,8
Pontevedra 31.074 0,3 1,7
Vigo 114.326 0,5 2,4
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

   

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Outubro de 2025
Unidade: tanto por cento
Concello Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 225,8 19,0
Coruña, A 200,6 20,1
Ferrol 226,0 19,9
Santiago de Compostela 221,2 15,9
Lugo 223,3 17,9
Ourense 204,6 19,3
Pontevedra 237,8 17,8
Vigo 220,7 20,1
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o da taxa de substitución da poboación activa. Aplicado ao tema que nos ocupa, definiríase como o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100. Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social coa que está próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral contabilízanse 19 persoas que ingresan ao Sistema da Seguridade Social.

A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.

Nos últimos doce meses (de outubro de 2024 a outubro de 2025), o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. O maior incremento experimentárono os concellos de Ourense (2,8%) e Ferrol (2,8%).


Variación interanual do número de persoas afiliadas

Unidade: taxas de variación interanuais

Galicia

   

A Coruña

Ferrol

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Ourense

Pontevedra

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

3. Persoas afiliadas de nacionalidade estranxeira


En outubro de 2025, o 6,6% das persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral residentes en Galicia tiña nacionalidade estranxeira. Estas afiliacións incrementárons o 14,7% en outubro de 2025, con respecto a outubro de 2024.

Aínda que os municipios con maior número de persoas afiliadas de nacionalidade distinta á española eran os correspondentes ás sete grandes cidades, en termos relativos, destacaban algúns concellos próximos á Rexión norte de Portugal, a Comarca de Valdeorras e a Mariña Lucense.

Persoas afiliadas á Seguridade Social de nacionalidade estranxeira por comarcas. Outubro de 2025

Unidade: porcentaxe