Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


En agosto de 2025 rexistráronse 1.110.065 afiliacións á Seguridade Social en Galicia, un 0,1% máis que no mes anterior. Destas, 1.082.870 (o 97,6%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

Débese ter en conta que un mesmo traballador ou traballadora pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador ou unha traballadora desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario/a, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos/as.

Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de persoas afiliadas, a cifra baixa ás 1.043.442 persoas afiliadas en alta laboral ao Sistema da Seguridade Social en agosto de 2025, un 0,4% máis que o mes pasado.


Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Agosto de 2025
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable 2025/Agosto Variación relativa respecto a 2025/Xullo Variación relativa respecto a 2024/Agosto
Afiliacións totais á Seg. Social 1.110.065 0,1 1,9
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.082.870 0,5 1,6
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.043.442 0,4 1,5
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas por sexo e grupos de idade


Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: a poboación afiliada de 40 ou máis anos, dividida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos, multiplicado por cen.

En agosto de 2025, por cada 100 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 216 traballadores/as maiores desta idade. Dos sete grandes concellos galegos, os concellos da Coruña, Ourense e Vigo atópanse por debaixo da media galega. Entre os grandes concellos que teñen valores superiores a media, estes variaban dende 216,7 no concello de Santiago de Compostela ata 223,4 en Pontevedra.


Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Agosto de 2025
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello 2025/Agosto Variación relativa respecto a 2025/Xullo Variación relativa respecto a 2024/Agosto
Galicia 1.043.442 0,4 1,5
Coruña, A 96.487 0,3 2,0
Ferrol 19.971 0,4 2,7
Santiago de Compostela 41.824 0,5 1,8
Lugo 39.522 0,4 1,5
Ourense 38.765 0,5 2,4
Pontevedra 31.747 0,8 1,5
Vigo 114.701 0,6 2,0
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

   

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Agosto de 2025
Unidade: tanto por cento
Concello Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 216,1 23,6
Coruña, A 198,3 21,6
Ferrol 219,5 23,3
Santiago de Compostela 216,7 18,2
Lugo 220,8 19,7
Ourense 203,2 20,6
Pontevedra 223,4 24,5
Vigo 215,0 22,9
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o da taxa de substitución da poboación activa. Aplicado ao tema que nos ocupa, definiríase como o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100. Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social coa que está próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral contabilízanse 24 persoas que ingresan ao Sistema da Seguridade Social.

A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.

Nos últimos doce meses (de agosto de 2024 a agosto de 2025), o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. O maior incremento experimentárono os concellos de Ourense (2,4%) e Ferrol (2,7%).


Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o sexo e o grupo de idade. 2025/Agosto

Unidade: persoas

   

Variación interanual do número de persoas afiliadas

Unidade: taxas de variación interanuais

A Coruña

   

A Coruña

Ferrol

   

Ferrol

Santiago de Compostela

   

Santiago de Compostela

Lugo