Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


O número de persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral con residencia en Galicia situouse en 1.063.622 en xullo de 2026, cun aumento do 1,5% en relación con xuño e do 2,2% respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Cada persoa contabilízase unha única vez nesta cifra, aínda que pode ter varias afiliacións á Seguridade Social se desenvolve máis dunha actividade laboral ou se se atopa en distintas situacións de cotización. Por este motivo, o número de afiliacións é superior ao de persoas afiliadas.

En total, en Galicia rexistráronse 1.135.950 afiliacións medias á Seguridade Social, un 1,2% máis que no mes anterior e un 2,0% máis que en xullo de 2025. Destas, 1.104.721, o 97,3%, correspondían a persoas cuxo concello de residencia se atopaba en Galicia, cifra que aumentou un 1,2% respecto de xuño de 2026 e un 2,2% en comparación cun ano antes.


Afiliacións totais medias á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Xullo de 2026
Unidade: afiliacións, persoas, porcentaxes
Variable Xullo 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.063.622 1,5 2,2
Afiliacións totais á Seg. Social 1.135.950 1,2 2,0
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.104.721 1,2 2,2
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas medias nos grandes concellos de Galicia

No último ano, entre xullo de 2025 e xullo de 2026, o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. En seis deles o crecemento superou o 2,2% rexistrado no conxunto de Galicia, mentres que o crecemento en Santiago de Compostela foi igual á media galega. Os maiores incrementos déronse nos concellos de Ferrol (3,5%), Pontevedra (3,1%) e A Coruña (3,0%).

Persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Xullo de 2026
Unidade: persoas, porcentaxes
Concello Xullo 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
Galicia 1.063.622 1,5 2,2
Coruña, A 99.260 0,7 3,0
Ferrol 20.634 2,1 3,5
Santiago de Compostela 42.658 0,4 2,2
Lugo 40.534 1,0 2,7
Ourense 39.598 0,3 2,4
Pontevedra 32.474 2,2 3,1
Vigo 117.178 0,6 2,4
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

A análise segundo o sexo amosa un comportamento diferenciado do crecemento interanual das persoas afiliadas. En xullo, o incremento foi maior entre as mulleres no conxunto de Galicia e nos concellos da Coruña e Ourense, mentres que en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo foi superior entre os homes.


Variación interanual do número de persoas afiliadas medias

Unidade: taxas de variación interanuais

Galicia

   

A Coruña

Ferrol

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Ourense

Pontevedra

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

3. Afiliacións medias á Seguridade Social por sectores de actividade


O 4,6% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 13,7% rexístranse no sector industrial; o 7,3% na construción, e o 73,6% corresponden a actividades do sector servizos. A suma das afiliacións por sectores non coincide co total debido á existencia de afiliacións sen sector de actividade asignado.


Nos seguintes mapas e táboas móstrase o peso das afiliacións por sector de actividade e concello de residencia das persoas traballadoras, destacando os concellos con maior peso relativo.

   

Afiliacións medias en alta laboral de persoas con residencia en Galicia por sectores de actividade. Xullo de 2026
Unidade: número, porcentaxe
Sector de actividade Afiliacións Porcentaxe
Total 1.104.721 100,0
Agricultura e pesca 51.148 4,6
Industria 150.974 13,7
Construción 81.004 7,3
Servizos 813.260 73,6
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).



As maiores proporcións de afiliacións na agricultura e na pesca rexístranse no interior da provincia de Lugo, nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, na comarca do Deza e nalgúns municipios costeiros cunha actividade pesqueira relevante.

As afiliacións na industria teñen un maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, nas comarcas de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.

A construción destaca especialmente nos concellos da Costa da Morte, así como nalgúns municipios do sur e do oeste da provincia de Ourense.

O sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes e noutros concellos cunha función urbana ou terciaria destacada, como Mondariz Balneario, Corcubión ou Monforte de Lemos.

Afiliacións medias á Seguridade Social en alta laboral por concellos. Xullo de 2026

Agricultura e pesca

Unidade: porcentaxe