Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


O número de persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral con residencia en Galicia situouse en 1.048.210 en xuño de 2026, cun aumento do 0,9 % en relación con maio e do 1,9 % respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Cada persoa contabilízase unha única vez nesta cifra, aínda que pode ter varias afiliacións á Seguridade Social se desenvolve máis dunha actividade laboral ou se se atopa en distintas situacións de cotización. Por este motivo, o número de afiliacións é superior ao de persoas afiliadas.

En total, en Galicia rexistráronse 1.123.034 afiliacións medias á Seguridade Social, un 1,0 % máis que no mes anterior e un 1,8% máis que en xuño de 2025. Destas, 1.091.351, o 97,2%, correspondían a persoas cuxo concello de residencia se atopaba en Galicia, cifra que aumentou un 0,9% respecto de maio de 2026 e un 2,0% en comparación cun ano antes.


Afiliacións totais medias á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Xuño de 2026
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable Xuño 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
Afiliacións totais á Seg. Social 1.123.034 1,0 1,8
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.091.351 0,9 2,0
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.048.210 0,9 1,9
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas medias nos grandes concellos de Galicia


Entre xuño de 2025 e xuño de 2026, o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos. En todos eles o crecemento superou o 1,9 % rexistrado no conxunto de Galicia. Os maiores incrementos déronse nos concellos de Ferrol (3,3%) e A Coruña (2,8%).

Os gráficos por sexo mostran que, en xuño, o crecemento interanual das mulleres foi superior ao dos homes no conxunto de Galicia e nos concellos da Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra. Pola contra, a afiliación masculina medrou máis en Santiago de Compostela, Lugo e Vigo.

Persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Xuño de 2026
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello Xuño 2026 Variación mes anterior relativa Variación ano anterior relativa
Galicia 1.048.210 0,9 1,9
Coruña, A 98.526 0,5 2,8
Ferrol 20.219 0,8 3,3
Santiago de Compostela 42.488 0,7 2,2
Lugo 40.144 0,8 2,2
Ourense 39.487 0,5 2,7
Pontevedra 31.788 1,0 2,5
Vigo 116.492 0,7 2,4
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Variación interanual do número de persoas afiliadas medias

Unidade: taxas de variación interanuais

Galicia

   

A Coruña

Ferrol

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Ourense

Pontevedra

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

3. Afiliacións medias á Seguridade Social por sectores de actividade


O 4,6% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 13,7% rexístranse no sector industrial; o 7,3% na construción, e o 73,6% corresponden a actividades do sector servizos. A suma das afiliacións por sectores non coincide co total debido á existencia de afiliacións sen sector de actividade asignado.


Nos seguintes mapas e táboas móstrase o peso das afiliacións por sector de actividade e concello de residencia das persoas traballadoras, destacando os concellos con maior peso relativo.

   

Afiliacións medias en alta laboral de persoas con residencia en Galicia por sectores de actividade. Xuño de 2026
Unidade: número, porcentaxe
Sector de actividade Afiliacións Porcentaxe
Total 1.091.351 100,0
Agricultura e pesca 50.306 4,6
Industria 149.090 13,7
Construción 80.082 7,3
Servizos 803.612 73,6
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).



As maiores proporcións de afiliacións na agricultura e na pesca concéntranse principalmente no interior da provincia de Lugo, nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, na comarca do Deza e nalgúns municipios costeiros cunha actividade pesqueira relevante.

As afiliacións na industria teñen un maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.

A construción destaca especialmente nos concellos da Costa da Morte, agás Corcubión e Fisterra, así como nalgún dos municipios do sur e do oeste da provincia de Ourense.

O sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes, e noutros concellos cunha función urbana ou terciaria destacada (Mondariz Balneario, Corcubión ou Monforte de Lemos).

Afiliacións medias á Seguridade Social en alta laboral por concellos. Xuño de 2026

Agricultura e pesca

Unidade: porcentaxe

   

Concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral por sectores. Xuño de 2026

Agricultura e Pesca
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Rodeiro 40,5
Dozón 39,6
Triacastela 37,1
Pol 37,0
Pastoriza 36,6
Páramo, O 36,4
Paradela 36,1
Illa de Arousa, A 32,6
Mazaricos 32,3
Toques 31,1
Calvos de Randín 30,8
Láncara 30,2
Baleira 29,9
Frades 29,4
Taboada 29,3

Industria

Unidade: porcentaxe

   

Industria
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Carballeda de Valdeorras 38,2
Valga 32,9
Catoira 31,5
Pontecesures 31,0
Dodro 27,6
Cerceda 26,7
Salceda de Caselas 26,6
Piñor 25,8
Salvaterra de Miño 25,0
Boiro 24,9
Porriño, O 24,7
Pobra do Caramiñal, A 24,0
Rianxo 23,8
Padrón 23,6
Barco de Valdeorras, O 23,4

Construción

Unidade: porcentaxe

   

Construción
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Cabana de Bergantiños 17,6
Coristanco 17,4
Vimianzo 17,4
Gomesende 17,1
Pontedeva 16,6
Cabanas 16,4
Dumbría 15,5
Zas 15,4
Moraña 15,3
Carballo 15,0
Laxe 14,8
Xunqueira de Ambía 14,8
Gudiña, A 14,6
Meis 14,4
Malpica de Bergantiños 14,1

Servizos

Unidade: porcentaxe

   

Servizos
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Santiago de Compostela 87,3
Coruña, A 85,1
Ames 83,6
Oleiros 83,0
Lugo 83,0
Pontevedra 81,6
Sada 80,9
Teo 80,4
Ourense 80,4
Culleredo 79,9
Mondariz Balneario 79,6
Ribadeo 79,4
Monforte de Lemos 79,2
Vigo 79,0
Cambre 78,8

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada


Notas metodolóxicas

O principal obxectivo desta operación estatística é coñecer o número de persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia. Tamén se analiza a distribución das afiliacións por sectores de actividade e réximes de cotización. Preséntanse os datos de afiliacións medias, obtidos como media dos datos diarios dos días hábiles do mes, e a fin de mes.

Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliacións recibido da Seguridade Social co Padrón municipal continuo de habitantes, recibido do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Para unha mesma persoa traballadora poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se desempeña varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións á Seguridade Social, cada persoa contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Pola contra, cando se fala persoas afiliadas, cada traballador ou traballadora contabilízase unha única vez.


Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada