Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


En maio de 2026 rexistráronse 1.111.867 afiliacións medias á Seguridade Social en Galicia, un 1,6% máis que en maio de 2025. Destas, 1.081.404 (o 97,3%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

Débese ter en conta que un mesmo traballador ou traballadora pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador ou unha traballadora desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario/a, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos/as.

Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de persoas afiliadas medias con residencia en Galicia, a cifra baixa ás 1.038.386 persoas afiliadas en alta laboral ao Sistema da Seguridade Social en maio de 2026, un 0,7% máis que o mes anterior e un 1,4% máis que en maio de 2025.


Afiliacións totais medias á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Maio de 2026
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable 2026/Maio Variación relativa respecto a 2026/Abril Variación relativa respecto a 2025/Maio
Afiliacións totais á Seg. Social 1.111.867 0,7 1,6
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.081.404 0,7 1,4
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.038.386 0,7 1,4
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas medias nos grandes concellos de Galicia


A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.

Nos últimos doce meses (de maio de 2025 a maio de 2026), o número de persoas afiliadas aumentou nos sete grandes concellos galegos e, agás no caso de Santiago de Compostela, tiveron un crecemento maior ca o da media de Galicia. Os maiores incrementos déronse nos concellos de Ferrol (2,9%) e Ourense (2,6%).

Persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Maio de 2026
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello 2026/Maio Variación relativa respecto a 2026/Abril Variación relativa respecto a 2025/Maio
Galicia 1.038.386 0,7 1,4
Coruña, A 98.022 0,7 2,3
Ferrol 20.054 0,6 2,9
Santiago de Compostela 42.178 0,7 1,3
Lugo 39.843 0,5 1,6
Ourense 39.304 0,7 2,6
Pontevedra 31.475 0,8 1,9
Vigo 115.664 0,6 2,0
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Variación interanual do número de persoas afiliadas medias

Unidade: taxas de variación interanuais

Galicia

   

A Coruña

Ferrol

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Ourense

Pontevedra

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

3. Afiliacións medias á Seguridade Social por sectores de actividade


O 4,6% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 13,7% rexístranse no sector industrial; o 7,3% na construción, e o 73,5% corresponden a actividades do sector servizos. A suma das afiliacións por sectores non coincide co total debido á existencia de afiliacións sen sector de actividade asignado.


Nos seguintes mapas e táboas móstrase o peso das afiliacións por sector de actividade e concello de residencia das persoas traballadoras, destacando os concellos con maior peso relativo.

   

Afiliacións medias en alta laboral de persoas con residencia en Galicia por sectores de actividade. Maio de 2026
Unidade: número, porcentaxe
Sector de actividade Afiliacións Porcentaxe
Total 1.081.404 100,0
Agricultura e pesca 50.249 4,6
Industria 148.335 13,7
Construción 79.477 7,3
Servizos 795.225 73,5
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).



Os concellos cun maior peso das afiliacións no sector primario atópanse no interior de Lugo (a excepción da capital de provincia, Rábade e Monforte de Lemos), nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, e na comarca do Deza, xunto con algúns concellos costeiros nos que destaca a actividade pesqueira.

As afiliacións na industria teñen un maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.

No que respecta á construción, sobresaen os municipios da zona da Costa da Morte (excepto Corcubión e Fisterra) e a meirande parte dos municipios do sur de Ourense e algúns do oeste da provincia.

O sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes, e noutros concellos cunha función urbana ou terciaria destacada (Mondariz Balneario, Corcubión ou Monforte de Lemos).

Afiliacións medias á Seguridade Social en alta laboral por concellos. Maio de 2026

Agricultura e pesca

Unidade: porcentaxe