Principais resultados


1. Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia


En abril de 2026, Galicia acadou 1.103.820 afiliacións medias á Seguridade Social, un 1,5% máis que no mesmo mes do ano anterior. A maior parte delas, 1.074.025, correspondían a persoas residentes na comunidade.

A diferenza entre afiliacións e persoas afiliadas é relevante: as primeiras recollen situacións de cotización, mentres que as segundas contabilizan cada traballador ou traballadora unha única vez. Así, o número de persoas afiliadas medias con residencia en Galicia situouse en 1.031.225, cun incremento interanual do 1,3%.

No último día do mes, as persoas afiliadas residentes en Galicia ascenderon a 1.031.124, un 1,2% máis que en abril de 2025.


Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e persoas afiliadas con concello de residencia en Galicia. Abril de 2026
Unidade: afiliacións, persoas, taxas de variación
Variable 2026/Abril Variación relativa respecto a 2026/Marzo Variación relativa respecto a 2025/Abril
Afiliacións medias
Afiliacións totais á Seg. Social 1.103.820 0,7 1,5
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.074.025 0,7 1,4
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.031.225 0,7 1,3
Afiliacións último día de mes
Afiliacións totais á Seg. Social 1.099.526 0,4 1,3
Afiliacións á Seg. Social de residentes en Galicia 1.072.842 0,6 1,2
Persoas afiliadas á Seg. Social con residencia en Galicia 1.031.124 0,5 1,2
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


2. Persoas afiliadas medias por idade e grandes concellos


A estrutura por idade da poboación afiliada permite observar o peso relativo das persoas de máis idade dentro do mercado laboral. Para isto emprégase o índice de estrutura da poboación afiliada, que relaciona as persoas afiliadas de 40 ou máis anos coas afiliadas de 16 a 39 anos.

En abril de 2026, Galicia presentou un índice de 225, o que significa que, por cada 100 persoas afiliadas menores de 40 anos, había 225 persoas afiliadas de 40 ou máis anos. Entre os sete grandes concellos, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo situáronse por debaixo da media galega. Pola contra, Pontevedra foi o único dos grandes concellos que superou ese valor, cun índice de 236.


Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Abril de 2026
Unidade: tanto por cento
Espazo Índice de estrutura da poboación afiliada Taxa de substitución da poboación afiliada
Galicia 225 19
Coruña, A 199 20
Ferrol 223 20
Santiago de Compostela 221 16
Lugo 219 18
Ourense 205 19
Pontevedra 236 17
Vigo 220 20
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


Outro indicador relevante é a taxa de substitución da poboación afiliada, que compara as persoas afiliadas menores de 25 anos coas maiores de 55 anos. Este dato permite aproximarse á relación entre a poboación que se incorpora ao sistema e aquela que se atopa máis próxima á saída do mercado laboral.

En Galicia, a taxa de substitución situouse en 19, é dicir, por cada 100 persoas afiliadas maiores de 55 anos había 19 persoas afiliadas menores de 25 anos. Nos grandes concellos, os valores oscilaron entre o 16 de Santiago de Compostela e o 20 da Coruña, Ferrol e Vigo.


Nos últimos doce meses, entre abril de 2025 e abril de 2026, a afiliación media aumentou nos sete grandes concellos galegos. Destacaron Ferrol e Ourense, cos maiores crecementos interanuais, do 2,8% e do 2,3%, respectivamente.

Persoas afiliadas medias á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Abril de 2026
Unidade: persoas, taxas de variación
Concello 2026/Abril Variación relativa respecto a 2026/Marzo Variación relativa respecto a 2025/Abril
Galicia 1.031.225 0,7 1,3
Coruña, A 97.377 0,3 1,9
Ferrol 19.927 0,7 2,8
Santiago de Compostela 41.877 1,1 1,3
Lugo 39.644 0,7 1,6
Ourense 39.044 0,4 2,3
Pontevedra 31.212 0,7 1,9
Vigo 115.000 0,5 1,9
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).


A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores e traballadoras afiliados/as á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.


Variación interanual do número de persoas afiliadas medias

Unidade: taxas de variación interanuais

Galicia

   

A Coruña

Ferrol

   

Santiago de Compostela

Lugo

   

Ourense

Pontevedra

   

Vigo

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).

3. Afiliacións medias á Seguridade Social por sectores de actividade


A distribución sectorial das afiliacións permite observar a estrutura produtiva asociada ao lugar de residencia das persoas traballadoras. En abril de 2026, o sector servizos concentrou a maior parte das afiliacións en alta laboral de persoas residentes en Galicia, cun peso do 73,4% sobre o total. A continuación situáronse a industria, co 13,8%, a construción, co 7,3%, e as actividades de agricultura e pesca, co 4,7%. Hai unha pequena porcentaxe (0,9%) das afiliacións que non foi posible asignar a ningún sector por falta de información ao respecto.

Nos seguintes mapas e táboas amósase o peso das afiliacións en alta laboral e os principais concellos segundo os sectores de actividade e o concello de residencia dos traballadores.


   

Afiliacións medias en alta laboral de persoas con residencia en Galicia por sectores de actividade. Abril de 2026
Unidade: número, porcentaxe
Sector de actividade Afiliacións Porcentaxe
Total 1.074.025 100,0
Agricultura e pesca 50.351 4,7
Industria 147.965 13,8
Construción 78.928 7,3
Servizos 788.763 73,4
Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada (descarga da táboa).



A análise territorial mostra unha certa especialización segundo os concellos. O sector primario presenta maior presenza relativa en áreas do interior de Lugo, así como nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, e tamén na comarca do Deza.

No caso da industria, os pesos máis elevados localízanse principalmente no sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.

A construción ten unha presenza especialmente relevante en municipios da Costa da Morte, agás Corcubión e Fisterra, e tamén en boa parte do sur e oeste da provincia de Ourense.

Pola súa banda, o sector servizos acada os maiores pesos nos sete grandes concellos galegos e nos municipios da súa contorna, o que reflicte a concentración das actividades terciarias nos principais espazos urbanos e periurbanos.

Afiliacións medias á Seguridade Social en alta laboral por concellos. Abril de 2026

Agricultura e pesca

Unidade: porcentaxe

   

Concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral por sectores. Abril de 2026

Agricultura e Pesca
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Rodeiro 41,7
Dozón 40,2
Pol 38,3
Triacastela 38,3
Páramo, O 37,3
Pastoriza 36,8
Paradela 36,6
Illa de Arousa, A 34,9
Calvos de Randín 34,4
Mazaricos 32,3
Toques 31,1
Láncara 30,7
Baleira 30,4
Taboada 30,3
Cervantes 29,8

Industria

Unidade: porcentaxe

   

Industria
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Carballeda de Valdeorras 38,8
Valga 32,6
Catoira 32,0
Pontecesures 31,1
Dodro 28,2
Salceda de Caselas 27,1
Cerceda 26,8
Piñor 26,2
Boiro 25,5
Salvaterra de Miño 25,5
Pobra do Caramiñal, A 25,4
Porriño, O 25,1
Padrón 24,0
Rianxo 23,7
Somozas, As 23,2

Construción

Unidade: porcentaxe

   

Construción
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Gomesende 17,9
Cabana de Bergantiños 17,8
Coristanco 17,7
Vimianzo 17,6
Cabanas 16,9
Dumbría 16,4
Pontedeva 16,0
Moraña 15,6
Xunqueira de Ambía 15,3
Gudiña, A 15,2
Carballo 15,1
Zas 15,1
Laxe 14,7
Malpica de Bergantiños 14,5
Ponteceso 14,5

Servizos

Unidade: porcentaxe

   

Servizos
Unidade: porcentaxe
Espazo Datos
Santiago de Compostela 87,4
Coruña, A 85,3
Ames 83,9
Lugo 83,2
Oleiros 83,1
Pontevedra 81,7
Sada 81,2
Teo 80,7
Mondariz Balneario 80,7
Ourense 80,5
Culleredo 80,1
Corcubión 79,5
Cambre 79,2
Monforte de Lemos 79,2
Vigo 79,2

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada


Notas metodolóxicas

O principal obxectivo desta operación estatística é coñecer o número de persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia. Tamén se analiza a distribución das afiliacións por sectores de actividade e réximes de cotización. Preséntanse os datos de afiliacións medias, obtidos como media dos datos diarios dos días hábiles do mes, e a fin de mes.

Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliacións recibido da Seguridade Social co Padrón municipal continuo de habitantes, recibido do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Para unha mesma persoa traballadora poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se desempeña varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións á Seguridade Social, cada persoa contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Pola contra, cando se fala persoas afiliadas, cada traballador ou traballadora contabilízase unha única vez.


Definicións, metodoloxía, fontes e máis información

Definicións

Metodoloxía

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia da persoa afiliada