ÍNDICE


Principais resultados

Introdución

O IGE difunde o escenario macroeconómico para Galicia de horizonte quinquenal.

O escenario macroeconómico refírese á evolución prevista do Produto Interior Bruto (PIB) e dos seus compoñentes desde a óptica da demanda: consumo privado, consumo público, formación bruta de capital, exportacións e importacións de bens e servizos. O cadro complétase coas previsións do emprego: postos de traballo equivalentes a tempo completo e taxa de paro.

A información de base para elaborar as previsións son as Contas económicas anuais e as Contas económicas trimestrais elaboradas polo IGE.

O método utilizado é un modelo de estimación de agregados macroeconómicos a curto prazo, en un marco coherente cos escenarios propostos para as economías española e internacional. Un resumo do mesmo pode verse na seguinte ligazón.

Unha explicación máis detallada do mesmo está dispoñible na seguinte ligazón.

Escenario macroeconómico 2025-2029

Taxas de variación anuais
Unidade: Porcentaxes
Medidas 2025 2026 2027 2028 2029
PIB real 2,5 1,9 1,2 1,2 1,2
Gasto en consumo final 1,1 1,0 0,6 0,5 0,5
Gasto en consumo final dos fogares e ISFLSF 1,0 1,0 0,6 0,4 0,4
Gasto en consumo final das AAPP 1,5 1,0 0,8 0,7 0,7
Formación bruta de capital 3,0 2,8 1,4 1,1 1,0
Demanda interna (contribución ao crecemento do PIB) 1,4 1,3 0,7 0,6 0,5
Exportacións de bens e servicios 1,1 1,6 1,6 1,4 1,3
Importacións de bens e servicios -0,9 0,6 0,7 0,3 0,1
Saldo exterior (contribución ao crecemento do PIB) 1,1 0,6 0,5 0,6 0,7
PIB a prezos correntes 5,4 4,0 3,4 3,2 3,2
Emprego (*) 1,2 0,9 0,7 0,4 0,3
Taxa de paro 8,3 7,8 7,4 7,2 7,0
Taxa de actividade 53,3 53,2 53,1 53,1 53,0
Taxa de actividade 16-64 anos 74,5 74,7 74,8 74,9 75,1
Fonte: IGE. Escenario macroeconómico.
Nota: (*) Postos de traballo equivalentes a tempo completo.

Supostos básicos

Taxas de variación anuais
Unidade: Porcentaxes
Variable 2025 2026 Fonte
Poboación de 16 e máis anos 0,7 0,5 Elaboracion propia
Gasto en consumo final das AAPP 1,5 1,0 Elaboracion propia
Demanda interna España 3,1 2,0 Elaboracion propia
Demanda interna Francia 0,8 1,0 Elaboracion propia
Demanda interna Alemaña 1,2 1,4 Elaboracion propia
Demanda interna Italia 1,0 1,1 Elaboracion propia
Demanda interna Portugal 2,9 2,8 Elaboracion propia
Demanda interna Bélxica 2,1 1,4 Elaboracion propia
Demanda interna Países Baixos 1,6 1,6 Elaboracion propia
Demanda interna Reino Unido 1,3 1,4 Elaboracion propia
Demanda interna Estados Unidos 1,8 1,4 Elaboracion propia
IPC xeral sen produtos enerxéticos España 2,5 1,7 Elaboracion propia
Tipo de cambio dólar/euro (nivel) 1,13 1,17 Banco de España (setembro 2025)
Prezo petróleo Brent (nivel) 70,0 66,0 Banco de España (setembro 2025)
Fonte: IGE. Escenario macroeconómico.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: