Principais resultados

1 Licenzas para edificios

No mes de outubro de 2025, o número de licenzas para edificios a construír de nova planta diminuiu en 19 unidades en relación ao mesmo mes do ano anterior. Concedéronse 187 licenzas para edificacións de nova planta: 137 residenciais e 50 non residenciais.

Sobre edificacións xa existentes, en outubro de 2025 concedéronse licenzas para 185 obras de rehabilitación e 48 para obras de demolición de edificios, o que supón, en relación a outubro de 2024, unha diminución de 24 unidades e un aumento de 36 unidades, respectivamente.

2 Vivendas

As licenzas concedidas en outubro de 2025 permitirán crear 360 vivendas en nova planta, o que supón un incremento de 46 unidades en relación ao rexistrado hai un ano.

O número de vivendas que se permitirían crear en rehabilitación sería de 104 e as vivendas a demoler serían 28.

A variación neta do parque de vivendas1 este mes sería, por tanto, positiva, 436 novas vivendas coas licenzas concedidas.


Número de edificios e vivendas a construír, rehabilitar e demoler. Galicia
Edificos
Vivendas
De nova planta A rehabilitar A demoler De nova planta A rehabilitar A demoler
2024/Outubro 206 209 12 314 106 16
2024/Novembro 171 147 16 196 74 30
2024/Decembro 178 151 23 352 64 20
2025/Xaneiro 129 134 18 219 130 21
2025/Febreiro 186 157 16 418 67 7
2025/Marzo 161 154 17 261 79 17
2025/Abril 205 187 25 622 91 26
2025/Maio 185 159 18 275 78 11
2025/Xuño 225 167 28 420 98 25
2025/Xullo 204 183 19 337 107 7
2025/Agosto 149 132 18 385 81 27
2025/Setembro 188 171 22 239 75 17
2025/Outubro 187 185 48 360 104 28
Fonte: IGE. Construción de Edificios (descarga da táboa)



     Gráfico coa evolución da variación neta do parque de vivendas

Fonte: IGE.Construción de Edificios (descarga da táboa)

3 Notas metodolóxicas

A operación estatística Construción de edificios ofrece información sobre as licenzas de obra maior que conceden os concellos de Galicia. O colectivo de informantes constitúeo o conxunto dos promotores inmobiliarios e/ou técnicos colexiados que asinan os proxectos de edificación.

A estatística ofrece información sobre o número de edificacións de nova planta a construír (con distinción de se se trata de edificios residencias ou non residencias), a rehabilitar e a demoler. Tamén informa sobre as vivendas de nova planta ás que darán lugar as novas edificacións, o número de vivendas creadas en rehabilitación e a demoler, así como da variación neta do parque de vivendas.


4 Metodoloxía, definicións, fontes e máis información

Metodoloxía

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Construción de Edificios.


  1. variación neta do parque de vivendas calcúlase como a suma do número de vivendas a crear en nova planta e o de vivendas a crear en rehabilitación, menos o número de demolicións.↩︎