Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En setembro, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 10,7%. Esta taxa é 11,1 puntos superior á rexistrada no mes de agosto. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 7,9%, taxa superior en 5,1 puntos á do mes de agosto.

A facturación en “Comercio” aumenta un 13,3 % e en “Outros servizos” un 4,3 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 9,4 % e en “Outros servizos” o 5,5 %.

Índices de cifra de negocios. Setembro de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 145,3 10,7 4,0
COMERCIO 146,5 13,3 3,8
Venta e reparación de vehículos de motor 146,3 1,9 -2,9
Comercio por xunto 154,1 17,2 5,1
Comercio ao retallo 125,5 6,4 3,0
OUTROS SERVIZOS 142,2 4,3 4,4
Transporte 148,8 3,2 2,6
Hostalería 178,9 -1,3 4,0
Información e comunicacións 138,3 8,6 0,9
Actividades profesionais, científicas e técnicas 118,6 11,2 9,8
Actividades administrativas e servizos auxiliares 136,4 10,8 10,0
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 133,2 7,9 4,7
COMERCIO 128,1 9,4 4,8
Venta e reparación de vehículos de motor 146,9 13,6 7,3
Comercio por xunto 123,3 9,6 4,6
Comercio ao retallo 132,6 7,4 4,3
OUTROS SERVIZOS 142,6 5,5 4,5
Transporte 138,5 4,0 4,4
Hostalería 187,0 4,5 4,7
Información e comunicacións 125,1 4,6 3,0
Actividades inmobiliarias 130,3 12,3 7,8
Actividades profesionais, científicas e técnicas 129,2 5,7 4,2
Actividades administrativas e servizos auxiliares 174,2 6,7 4,9
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 1,9 %, a de “Comercio ao retallo” un 6,4 % e a de “Comercio polo xunto” un 17,2 %. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 13,6 %, en “Comercio polo xunto” un 9,6 % e en “Comercio ao retallo” un 7,4 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Hostalería” (-1,3 %) e o maior crecemento no sector de “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (11,2 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Actividades inmobiliarias” (12,3 %).

1.2 Índice de cifra de negocios ponderando por VEB

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 5,2% en setembro.

“Comercio” é o sector onde se rexistra o maior incremento interanual (10,8 %).

1.3 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 8% respecto ao mes de setembro do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 3,4%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.4 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de setembro respecto ao mesmo mes de 2024. A Rioxa (12,8%), Galicia (10,7%) e Madrid (10,2%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, os menores crecementos rexístranse en Estremadura (4 %) e Asturias (4,8 %).

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Illas Baleares (7,6%), Canarias (6,2%) e A Rioxa (6,1%).

Índices de cifra de negocios. Setembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,2% en Galicia e en España.

O persoal ocupado crece un 0,4% en “Comercio” e un 1,7% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Transporte” (3%) e “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,8%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 1,1% en “Comercio” e un 1,2% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Transporte” (2,1%), “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (1,9%) e “Venta e reparación de vehículos de motor” (1,7%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de setembro. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Illas Baleares (3,4%) e Navarra (2,8%). Andalucía é a única comunidade onde diminúe o persoal ocupado (-0,4%).

Índices de persoal ocupado. Setembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venta de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.