Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En decembro, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 3,9%. Esta taxa é 0,5 puntos superior á rexistrada no mes de novembro. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 6,3%, taxa superior en 2 puntos á do mes de novembro.

A facturación en “Comercio” aumenta un 3,2 % e “en Outros servizos” un 5,6 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 6 % e en “Outros servizos” o 7 %.

Índices de cifra de negocios. Decembro de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
XERAL 148,1 3,9 3,5
COMERCIO 149,2 3,2 3,1
Venda e reparación de vehículos de motor 167,6 13,3 0,2
Comercio por xunto 143,9 0,6 3,4
Comercio ao retallo 156,0 6,8 3,6
OUTROS SERVIZOS 145,4 5,6 4,6
Transporte 139,0 6,3 2,6
Hostalería 160,2 -0,1 4,6
Información e comunicacións 168,0 16,4 2,7
Actividades profesionais, científicas e técnicas 157,3 -1,6 8,3
Actividades administrativas e servizos auxiliares 129,5 7,8 9,8
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
XERAL 144,4 6,3 4,8
COMERCIO 140,3 6,0 4,8
Venda e reparación de vehículos de motor 154,8 11,3 7,8
Comercio por xunto 128,9 4,9 4,3
Comercio ao retallo 160,4 6,1 4,7
OUTROS SERVIZOS 151,9 7,0 4,7
Transporte 139,8 5,5 4,4
Hostalería 146,4 1,9 4,4
Información e comunicacións 161,1 11,5 4,0
Actividades inmobiliarias 158,7 10,7 8,7
Actividades profesionais, científicas e técnicas 166,0 4,6 4,1
Actividades administrativas e servizos auxiliares 164,9 9,4 5,3
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 13,3 %, a de “Comercio polo xunto” un 0,6 % e a de “Comercio ao retallo” un 6,8 %. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 11,3 %, en “Comercio polo xunto” un 4,9 % e en “Comercio ao retallo” un 6,1 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (-1,6 %) e o maior crecemento no sector de “Información e comunicacións” (16,4 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Información e comunicacións” (11,5 %).

1.2 Índice de cifra de negocios ponderando por VEB

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 5% en decembro. No conxunto do ano 2025, o incremento foi do 3,6%.

“Información e comunicacións” é o sector onde se rexistra o maior incremento interanual (17,8 %) en decembro de 2025.

1.3 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 1,4% respecto ao mes de decembro do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 3,1%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.4 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de decembro respecto ao mesmo mes de 2024. A Rioxa (8,6%), País Vasco (8,6%) e Cantabria (7,7%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, os menores crecementos rexístranse en Galicia (3,9 %) e Navarra (4,3 %).

No conxunto do ano 2025, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Illas Baleares (6,9%), A Rioxa (6,2%) e País Vasco (6%).

Índices de cifra de negocios. Decembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En decembro de 2025, o persoal ocupado aumenta un 0,9% en Galicia e un 1% en España. O persoal ocupado crece un 1% en “Comercio” e un 0,8% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Información e comunicacións” (3,6%) e “Venda e reparación de vehículos de motor” (2,2%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 0,9% en “Comercio” e un 1,1% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,1%), “Información e comunicacións” (1,6%) e “Transporte” (1,5%).

No conxunto do ano 2025, o emprego rexistrou un incremento medio do 1,3 % tanto en Galicia como en España.

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de decembro. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Canarias (2%) e Illas Baleares (2%). Andalucía é a única comunidade onde diminúe o persoal ocupado (-0,4%).

No conxunto do ano, o persoal ocupado increméntase en todas as comunidades autónomas. Illes Balears e a Comunidade Foral de Navarra son as comunidades que rexistran maiores taxas de crecemento.

Índices de persoal ocupado. Decembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.