Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En agosto, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un decrecemento interanual do 0,4%. Esta taxa é 3,6 puntos inferior á rexistrada no mes de xullo. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 2,8%, taxa inferior en 1,9 puntos á do mes de xullo.

A facturación en “Comercio” diminúe un 0,2 % e en “Outros servizos” un 0,8 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 3 % e en “Outros servizos” o 2,3 %.

Índices de cifra de negocios. Agosto de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 126,6 -0,4 3,1
COMERCIO 122,8 -0,2 2,7
Venta e reparación de vehículos de motor 127,0 -2,7 -3,2
Comercio por xunto 116,9 -0,9 3,5
Comercio ao retallo 135,7 1,8 2,7
OUTROS SERVIZOS 136,7 -0,8 4,4
Transporte 130,8 -2,4 2,5
Hostalería 263,2 -3,4 4,8
Información e comunicacións 109,9 -0,4 -0,1
Actividades profesionais, científicas e técnicas 95,7 1,4 9,7
Actividades administrativas e servizos auxiliares 116,9 5,8 10,0
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 118,8 2,8 4,3
COMERCIO 112,1 3,0 4,2
Venta e reparación de vehículos de motor 109,9 5,5 6,9
Comercio por xunto 103,6 2,4 3,9
Comercio ao retallo 131,9 3,5 4,0
OUTROS SERVIZOS 131,0 2,3 4,4
Transporte 126,9 1,8 4,5
Hostalería 223,8 4,1 4,8
Información e comunicacións 104,4 2,3 2,8
Actividades inmobiliarias 111,3 3,0 7,2
Actividades profesionais, científicas e técnicas 93,1 -1,9 4,0
Actividades administrativas e servizos auxiliares 162,8 3,9 4,6
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, diminúe a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 2,7 % e a de “Comercio polo xunto” un 0,9 %. “Comercio ao retallo” incrementa a súa facturación un 1,8 %. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 5,5 %, en “Comercio polo xunto” un 2,4 % e en “Comercio ao retallo” un 3,5 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Hostalería” (-3,4 %) e o maior crecemento no sector de “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (5,8 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Hostalería” (4,1 %).

1.2 Índice de cifra de negocios ponderando por VEB

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice diminúe un 0,5% en agosto.

“Hostalería” é o sector onde se rexistra a maior baixada interanual (-4,5 %) e o sector con maior incremento é “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (4,9 %).

1.3 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 2% respecto ao mes de agosto do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 0,6%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.4 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en 13 comunidades autónomas no mes de agosto respecto ao mesmo mes de 2024. Illas Baleares (8,3%), Canarias (6,2%) e Madrid (5,2%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, as maiores diminucións rexístranse en Asturias (-2,6 %) e Comunidade Valenciana (-0,9 %).

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Illas Baleares (7,3%), Canarias (6%) e País Vasco (6%).

Índices de cifra de negocios. Agosto de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,2% en Galicia e un 1,3% en España respecto a agosto de 2024 .

O persoal ocupado crece un 1% en “Comercio” e un 1,4% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Transporte” (3,7%) e “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (2,2%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 1,6% en “Comercio” e un 1,2% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Venta e reparación de vehículos de motor” (2%), “Comercio ao retallo” (2%) e “Transporte” (2%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de agosto. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Illas Baleares (2,9%) e Navarra (2,7%). Andalucía é a única comunidade onde diminúe o persoal ocupado (-0,3%).

Índices de persoal ocupado. Agosto de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venta de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.