Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En agosto, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 8,9%. Esta taxa é 5,2 puntos superior á rexistrada no mes de xullo. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 6%, taxa superior en 1,3 puntos á do mes de xullo.

A facturación en “Comercio” aumenta un 10,2 % e “en Outros servizos” un 5,9 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 7,2 % e en “Outros servizos” o 4,1 %.

Índices de cifra de negocios. Agosto de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 138,0 8,9 3,6
COMERCIO 135,3 10,2 4,0
Venda e reparación de vehículos de motor 142,4 14,2 13,5
Comercio por xunto 129,4 10,3 2,0
Comercio ao retallo 147,1 8,9 7,0
OUTROS SERVIZOS 145,4 5,9 2,4
Transporte 151,1 14,3 6,8
Hostalería 267,2 1,7 2,1
Información e comunicacións 101,9 -7,3 -9,7
Actividades profesionais, científicas e técnicas 97,9 2,2 -4,7
Actividades administrativas e servizos auxiliares 125,7 7,8 9,5
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 125,9 6,0 5,5
COMERCIO 120,3 7,2 6,0
Venda e reparación de vehículos de motor 115,0 6,0 3,5
Comercio por xunto 113,4 9,1 6,8
Comercio ao retallo 137,8 4,3 5,4
OUTROS SERVIZOS 136,3 4,1 4,8
Transporte 139,3 9,7 6,8
Hostalería 224,7 0,4 2,2
Información e comunicacións 105,5 1,1 4,6
Actividades inmobiliarias 115,9 4,3 5,3
Actividades profesionais, científicas e técnicas 97,5 4,9 3,9
Actividades administrativas e servizos auxiliares 168,5 3,5 5,4
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta tanto a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” (14,2 %), como a de “Comercio polo xunto” (10,3%) e a de “Comercio ao retallo” (8,9 %). A nivel nacional, increméntase a cifra de negocios en “Comercio polo xunto” un 9,1 %, así como as de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 6 %, e en “Comercio ao retallo” un 4,3 %.

En “Outros servizos”, o maior crecemento prodúcese no sector de “Transporte” (14,3%), e rexístrase unha baixada en “Información e comunicacións” (-7,3%). En España, o maior incremento rexístrase en “Transporte” (9,7 %).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 7,8% en agosto. “Transporte” é o sector onde se rexistra a maior subida interanual (13,2 %) mentres que a maior baixada corresponde ao sector “Información e comunicacións” (-4,7 %).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 8,8% respecto ao mes de agosto do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 8,4%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en 16 comunidades autónomas no mes de agosto respecto ao mesmo mes de 2025. País Vasco (10,8%), Galicia (8,9%) e Madrid (7,4%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, Illas Baleares rexístra a única baixada cun -0,3 %.

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (9,4%), A Rioxa (7,5%) e Andalucía (7,3%).

 

Índices de cifra de negocios. Agosto de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,4% en Galicia e un 1,2% en España. O persoal ocupado crece un 1,2% en “Comercio” e un 1,4% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Venda e reparación de vehículos de motor” (3,4%) e “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (3,3%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 0,8% en “Comercio” e un 1,3% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,4%), “Venda e reparación de vehículos de motor” (2,1%) e “Transporte” (2,1%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en todas as comunidades autónomas no mes de agosto. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Canarias (2,1%) e Asturias (2%). Aragón é a comunidade onde menos medra o persoal ocupado (0,2%).

Índices de persoal ocupado. Agosto de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.