Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En xullo, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 3,7%. Esta taxa é 3,8 puntos inferior á rexistrada no mes de xuño. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 4,8%, taxa inferior en 3,9 puntos á do mes de xuño.

A facturación en “Comercio” aumenta un 4 % e “en Outros servizos” un 2,7 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 4,8 % e en “Outros servizos” o 4,7 %.

Índices de cifra de negocios. Xullo de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 158,6 3,7 2,9
COMERCIO 161,0 4,0 3,2
Venda e reparación de vehículos de motor 159,1 6,3 13,5
Comercio por xunto 166,7 3,3 1,0
Comercio ao retallo 146,2 5,8 6,6
OUTROS SERVIZOS 152,3 2,7 1,9
Transporte 162,0 9,9 5,9
Hostalería 222,4 0,6 2,1
Información e comunicacións 124,2 -6,8 -10,1
Actividades profesionais, científicas e técnicas 114,8 -9,8 -5,5
Actividades administrativas e servizos auxiliares 147,0 6,8 9,8
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 147,9 4,8 5,5
COMERCIO 141,5 4,8 5,8
Venda e reparación de vehículos de motor 155,7 -0,3 3,2
Comercio por xunto 135,6 6,4 6,5
Comercio ao retallo 150,2 3,9 5,5
OUTROS SERVIZOS 159,7 4,7 4,9
Transporte 159,9 8,3 6,5
Hostalería 219,0 0,5 2,6
Información e comunicacións 132,4 4,1 5,1
Actividades inmobiliarias 143,0 9,7 5,4
Actividades profesionais, científicas e técnicas 143,2 3,4 3,8
Actividades administrativas e servizos auxiliares 191,7 4,5 5,7
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 6,3 % e a de “Comercio ao retallo” un 5,8 %. A facturación de “Comercio polo xunto” aumenta un 3,3%. A nivel nacional, “Comercio por xunto” aumenta un 6,4%, e “Comercio ao retallo” un 3,9 %. A cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” diminúe un 0,3%.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (-9,8%) e o maior crecemento no sector de “Transporte” (9,9 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Actividades inmobiliarias” (9,7 %).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 4,1% en xullo. “Transporte” é o sector onde se rexistra a maior subida interanual (10 %), “Información e comunicacións” é o sector onde coa maior baixada (-4,9 %).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 3,7% respecto ao mes de xullo do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 4,3%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de xullo respecto ao mesmo mes de 2025. País Vasco (8,8%), Madrid (6,4%) e Castela-A Mancha (5,7%) rexistran os maiores incrementos da facturación.

No que vai de ano, a cifra de negocios tamén aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (9,2%), A Rioxa (7,6%) e Andalucía (7,4%).

Índices de cifra de negocios. Xullo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,3% en Galicia e un 1,2% en España. O persoal ocupado crece un 1,2% en “Comercio” e un 1,4% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (3,1%) e “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (3%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 0,8% en “Comercio” e un 1,4% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,3%), “Venda e reparación de vehículos de motor” (2%) e “Comercio por xunto” (1,9%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de xullo. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Canarias (2,6%) e Estremadura (2,6%). Cantabria é única comunidade na que diminue en termos interanuais o persoal ocupado (-0,9%).

Índices de persoal ocupado. Xullo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.