Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En xuño, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 7,5%. Esta taxa é 4,5 puntos superior á rexistrada no mes de maio. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 8,8%, taxa superior en 3,7 puntos á do mes de maio.

A facturación en “Comercio” aumenta un 8,5 % e en “Outros servizos” un 5,1 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 9,4 % e en “Outros servizos” o 7,7 %.

Índices de cifra de negocios. Xuño de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 142,8 7,5 2,7
COMERCIO 144,0 8,5 3,0
Venda e reparación de vehículos de motor 173,2 15,3 14,7
Comercio por xunto 143,1 7,3 0,6
Comercio ao retallo 136,9 9,4 6,8
OUTROS SERVIZOS 139,8 5,1 1,8
Transporte 143,8 11,6 5,2
Hostalería 180,9 2,2 2,5
Información e comunicacións 120,5 -8,3 -10,7
Actividades profesionais, científicas e técnicas 119,6 0,6 -4,7
Actividades administrativas e servizos auxiliares 149,7 12,8 10,5
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 146,8 8,8 5,7
COMERCIO 142,0 9,4 6,0
Venda e reparación de vehículos de motor 167,7 7,9 3,9
Comercio por xunto 136,6 11,1 6,6
Comercio ao retallo 145,4 6,7 5,8
OUTROS SERVIZOS 155,8 7,7 5,0
Transporte 154,4 10,7 6,2
Hostalería 193,2 0,7 3,1
Información e comunicacións 137,2 8,5 5,2
Actividades inmobiliarias 148,8 12,6 4,8
Actividades profesionais, científicas e técnicas 147,2 8,6 3,9
Actividades administrativas e servizos auxiliares 184,2 7,4 5,9
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 15,3 %, en “Comercio ao retallo” un 9,4 %, e en “Comercio polo xunto” un 7,3%. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 7,9 %, en “Comercio ao retallo” un 6,7 %, e en “Comercio polo xunto” un 11,1 %.

En “Outros servizos”, o maior crecemento rexístrase no sector de “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (12,8 %), mentres que “Información e comunicacións” (-8,3%) é o único sector no que se produce unha baixada. En España, o maior incremento rexístrase en “Actividades inmobiliarias” (12,6 %).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 6,4% en xuño. “Transporte” é o sector onde se rexistra a maior subida interanual (11,9 %).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 6% respecto ao mes de xuño do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 4,2%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de xuño respecto ao mesmo mes de 2025. País Vasco (12,9%), Andalucía (11,9%) e A Rioxa (11,8%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, as maiores baixadas rexístranse en Illas Baleares (2,7 %) e Comunidade Valenciana (6 %).

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (9,4%), A Rioxa (8,3%) e Andalucía (7,9%).

Índices de cifra de negocios. Xuño de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,6% en Galicia e un 1,3% en España. O persoal ocupado crece un 1,3% en “Comercio” e un 1,8% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (5,1%) e “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (3,6%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 0,8% en “Comercio” e un 1,5% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (3,1%), “Comercio por xunto” (1,9%) e “Transporte” (1,9%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de xuño. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son A Rioxa (3,3%) e Estremadura (3,1%). En Castela-A Mancha non varía o persoal ocupado (0%).

Índices de persoal ocupado. Xuño de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.