Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En maio, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 2,9%. Esta taxa é 1,7 puntos inferior á rexistrada no mes de abril. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 5,1%, taxa inferior en 2,4 puntos á do mes de abril.

A facturación en “Comercio” aumenta un 2,9% e “en Outros servizos” un 3%. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 5,6% e en “Outros servizos” o 4,3%.

Índices de cifra de negocios. Maio de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 138,0 2,9 1,7
COMERCIO 136,8 2,9 1,9
Venda e reparación de vehículos de motor 156,2 2,0 14,5
Comercio por xunto 137,3 2,6 -0,8
Comercio ao retallo 129,1 4,4 6,2
OUTROS SERVIZOS 141,2 3,0 1,1
Transporte 155,7 6,9 3,9
Hostalería 174,4 1,7 2,6
Información e comunicacións 112,5 -12,5 -11,2
Actividades profesionais, científicas e técnicas 112,9 -3,8 -5,7
Actividades administrativas e servizos auxiliares 148,2 13,7 9,9
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 138,0 5,1 5,0
COMERCIO 135,2 5,6 5,3
Venda e reparación de vehículos de motor 147,5 -0,5 3,0
Comercio por xunto 131,5 7,0 5,6
Comercio ao retallo 139,8 5,1 5,6
OUTROS SERVIZOS 143,1 4,3 4,4
Transporte 149,2 6,8 5,2
Hostalería 181,3 3,1 3,8
Información e comunicacións 122,3 2,2 4,7
Actividades inmobiliarias 132,5 4,7 3,2
Actividades profesionais, científicas e técnicas 127,3 2,1 2,9
Actividades administrativas e servizos auxiliares 170,7 5,8 5,5
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 2%, a de “Comercio ao retallo” un 4,4% e a de “Comercio polo xunto” un 2,6%. A nivel nacional, diminúe a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 0,5%, mentres que en “Comercio ao retallo” e en “Comercio polo xunto” a facturación increméntase un 5,1% e un 7% respectivamente.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Información e comunicacións” (-12,5%) e o maior crecemento no sector de “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (13,7%). En España, o maior incremento rexístrase en “Transporte” (6,8%).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 3,6% en maio. “Actividades administrativas e servizos auxiliares” é o sector onde se rexistra o maior crecemento interanual (11%).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 4,3% respecto ao mes de maio do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 5,4%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de maio respecto ao mesmo mes de 2025. País Vasco (11,4%), Andalucía (7,4%) e A Rioxa (7,1%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, os menores crecementos rexístranse en Illas Baleares (0,1%) e Comunidade Valenciana (1%).

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (8,8%), A Rioxa (7,5%) e Andalucía (7%).

Índices de cifra de negocios. Maio de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1% en Galicia e un 1,1% en España. O persoal ocupado crece un 1% en “Comercio” e un 1% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Actividades inmobiliarias” (4,1%) e “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (3,4%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 0,7% en “Comercio” e un 1,3% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,5%), “Transporte” (1,7%) e “Comercio por xunto” (1,2%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de maio. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Canarias (2,1%) e A Rioxa (2,1%). En Castela-A Mancha o persoal mantense sen variación con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Índices de persoal ocupado. Maio de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.