Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En abril, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 4,7%. Esta taxa é 1,7 puntos inferior á rexistrada no mes de marzo. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 7,5%, taxa inferior en 1,7 puntos á do mes de marzo.

A facturación en “Comercio” aumenta un 4,3 % e “en Outros servizos” un 5,9 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 8,1 % e en “Outros servizos” o 6,5 %.

Índices de cifra de negocios. Abril de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 140,4 4,7 1,4
COMERCIO 140,7 4,3 1,7
Venda e reparación de vehículos de motor 165,8 25,7 18,1
Comercio por xunto 142,6 1,4 -1,6
Comercio ao retallo 127,6 6,7 6,7
OUTROS SERVIZOS 139,9 5,9 0,7
Transporte 157,9 8,9 3,1
Hostalería 155,0 3,2 3,1
Información e comunicacións 118,4 -6,9 -10,6
Actividades profesionais, científicas e técnicas 117,0 1,8 -6,2
Actividades administrativas e servizos auxiliares 138,6 13,5 9,1
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 136,9 7,5 5,0
COMERCIO 134,6 8,1 5,3
Venda e reparación de vehículos de motor 143,9 4,9 3,9
Comercio por xunto 133,4 9,5 5,3
Comercio ao retallo 135,1 6,4 5,7
OUTROS SERVIZOS 140,9 6,5 4,4
Transporte 147,0 9,8 4,7
Hostalería 164,5 4,1 4,0
Información e comunicacións 129,4 7,8 5,3
Actividades inmobiliarias 130,0 3,3 2,9
Actividades profesionais, científicas e técnicas 129,9 5,2 3,2
Actividades administrativas e servizos auxiliares 163,7 5,5 5,5
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, increméntase a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 25,7 %, a de “Comercio ao retallo” un 6,7 % e a de “Comercio polo xunto” un 1,4%. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 4,9 %, en “Comercio ao retallo” un 6,4 % e en “Comercio polo xunto” un 9,5 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Información e comunicacións” (-6,9%) e o maior crecemento no sector de “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (13,5 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Transporte” (9,8 %).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 6,6% en abril. “Transporte” é o sector onde se rexistra o maior crecemento interanual (9,8 %).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 4,4% respecto ao mes de abril do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 6,7%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de abril respecto ao mesmo mes de 2025. País Vasco (11,1%), A Rioxa (10,4%) e Navarra (9,7%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, os menores crecementos rexístranse en Illas Baleares (0,2 %), Asturias (3,4 %) e Canarias (3,4 %).

No que vai de ano, a cifra de negocios tamén aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (8,1%), A Rioxa (7,6%) e Aragón (7,5%).

Índices de cifra de negocios. Abril de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,5% en Galicia e un 1,2% en España. O persoal ocupado crece un 1,3% en “Comercio” e un 1,6% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Actividades inmobiliarias” (3,6%), “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (3%) e “Venda e reparación de vehículos de motor” (2,9%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 1% en “Comercio” e un 1,2% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,2%), “Transporte” (1,5%) e “Venda e reparación de vehículos de motor” (1,4%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en todas as comunidades autónomas no mes de abril. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Estremadura (2,5%) e Canarias (2,1%). Cantabria é a comunidade onde menos medra o persoal ocupado (0,1%).

Índices de persoal ocupado. Abril de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.