Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En marzo, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un crecemento interanual do 6,4%. Esta taxa é 9,8 puntos superior á rexistrada no mes de febreiro. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 9,4%, taxa superior en 7,4 puntos á do mes de febreiro.

A facturación en “Comercio” aumenta un 7,8 % e en “Outros servizos” un 2,6 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 11,5 % e en “Outros servizos” o 5,8 %.

Índices de cifra de negocios. Marzo de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 140,9 6,4 0,3
COMERCIO 144,7 7,8 0,8
Venda e reparación de vehículos de motor 177,2 29,8 15,4
Comercio por xunto 148,1 5,0 -2,6
Comercio ao retallo 125,7 9,2 6,6
OUTROS SERVIZOS 131,0 2,6 -1,0
Transporte 140,6 4,4 0,9
Hostalería 151,4 6,9 4,0
Información e comunicacións 117,9 -9,9 -11,8
Actividades profesionais, científicas e técnicas 114,7 -3,5 -9,0
Actividades administrativas e servizos auxiliares 130,1 10,4 7,4
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 139,9 9,4 4,1
COMERCIO 140,5 11,5 4,4
Venda e reparación de vehículos de motor 164,7 12,4 4,9
Comercio por xunto 139,6 12,9 3,8
Comercio ao retallo 135,1 8,0 5,4
OUTROS SERVIZOS 138,8 5,8 3,7
Transporte 142,3 7,0 3,0
Hostalería 150,1 5,5 4,0
Información e comunicacións 126,4 3,8 4,3
Actividades inmobiliarias 132,8 2,3 2,6
Actividades profesionais, científicas e técnicas 135,6 4,5 2,5
Actividades administrativas e servizos auxiliares 165,4 9,2 5,5
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 29,8 %, a de “Comercio ao retallo” un 9,2 % e a de “Comercio polo xunto” un 5%. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Comercio polo xunto” un 12,9 %, en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 12,4 % e en “Comercio ao retallo” un 8 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Información e comunicacións” (-9,9%) e o maior crecemento no sector de “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (10,4 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (9,2 %).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice aumenta un 6,7% en marzo. “Comercio” é o sector onde se rexistra o maior crecemento interanual (9,9 %).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios aumenta o 5,3% respecto ao mes de marzo do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 5,6%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas no mes de marzo respecto ao mesmo mes de 2025. Estremadura (13,2%), A Rioxa (12,6%) e Aragón (12,4%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, os menores crecementos rexístranse en Asturias (4,7 %) e Galicia (6,4 %).

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en todas as comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (7,1%), Andalucía (6,8%) e Aragón (6,7%).

Índices de cifra de negocios. Marzo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1% en Galicia e un 1,5% en España. O persoal ocupado crece un 0,7% en “Comercio” e un 1,1% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Actividades inmobiliarias” (5,9%) e “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (3,3%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 1,2% en “Comercio” e un 1,7% en “Outros servizos”, sendo “Actividades administrativas e servizos auxiliares” o sector con maior crecemento (2,8%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en todas as comunidades autónomas no mes de marzo. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Cataluña (2,7%) e Illas Baleares (2,6%). Castela-A Mancha é a comunidade onde menos medra o persoal ocupado (0,1%).

Índices de persoal ocupado. Marzo de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.