Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En febreiro, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un decrecemento interanual do 3,4%. Esta taxa é 1,1 puntos inferior á rexistrada no mes de xaneiro. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 1,6%, taxa superior en 1,4 puntos á do mes de xaneiro.

A facturación en “Comercio” diminúe un 3,5 % e “en Outros servizos” un 3,2 %. En España a facturación en “Comercio” aumenta o 0,8 % e en “Outros servizos” o 2,9 %.

Índices de cifra de negocios. Febreiro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 116,0 -3,4 -2,8
COMERCIO 116,7 -3,5 -2,8
Venda e reparación de vehículos de motor 148,8 10,6 8,7
Comercio por xunto 115,2 -7,7 -6,5
Comercio ao retallo 110,2 4,2 5,3
OUTROS SERVIZOS 114,4 -3,2 -2,8
Transporte 125,4 0,6 -0,9
Hostalería 125,7 -1,0 2,2
Información e comunicacións 106,6 -14,3 -12,8
Actividades profesionais, científicas e técnicas 91,6 -18,9 -11,6
Actividades administrativas e servizos auxiliares 115,3 12,1 6,3
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa no que vai de ano (%)
XERAL 118,5 1,6 0,9
COMERCIO 116,5 0,8 -0,1
Venda e reparación de vehículos de motor 138,1 2,2 0,7
Comercio por xunto 113,1 -0,7 -2,3
Comercio ao retallo 117,2 3,4 4,0
OUTROS SERVIZOS 122,1 2,9 2,7
Transporte 126,8 1,6 1,0
Hostalería 127,4 3,0 3,5
Información e comunicacións 113,1 2,5 4,8
Actividades inmobiliarias 121,4 4,0 2,8
Actividades profesionais, científicas e técnicas 116,8 1,7 1,5
Actividades administrativas e servizos auxiliares 146,0 6,2 3,5
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 10,6 % e a de “Comercio ao retallo” un 4,2 %. A facturación de “Comercio polo xunto” redúcese un 7,7%. A nivel nacional, aumenta a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 2,2 % e en “Comercio ao retallo” un 3,4 %. En “Comercio polo xunto” baixa un 0,7 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (-18,9%) e o maior crecemento no sector de “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (12,1 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (6,2 %).

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice diminúe un 1,4% en febreiro. “Actividades profesionais, científicas e técnicas” é o sector onde se rexistra a maior baixada interanual (-14,9 %).

1.2 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios diminúe o 3,4% respecto ao mes de febreiro do ano anterior e o índice ponderado por VEB diminúe o 1,4%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.3 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en 13 comunidades autónomas no mes de febreiro respecto ao mesmo mes de 2025. Murcia (5,9%), Navarra (5,8%) e A Rioxa (5,7%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, as maiores baixadas rexístranse en Galicia (-3,4 %) e Madrid (-1,2 %).

No que vai de ano, a cifra de negocios aumenta en 13 comunidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en País Vasco (4,5%), Murcia (4,3%) e Andalucía (4,1%).

Índices de cifra de negocios. Febreiro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 1,3% en Galicia e un 1,2% en España. O persoal ocupado crece un 0,2% en “Comercio” e un 1,9% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Información e comunicacións” (2,8%) e “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2,5%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 1% en “Comercio” e un 1,3% en “Outros servizos”. Os maiores crecementos rexístranse en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (2%), “Información e comunicacións” (1,8%) e “Comercio por xunto” (1,3%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de febreiro. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Estremadura (2,2%) e Cataluña (1,8%). Castela-A Mancha é a única comunidade onde diminúe o persoal ocupado (-0,1%).

Índices de persoal ocupado. Febreiro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.