Principais resultados

Indicador de actividade do sector servizos. Cifra de negocios. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

1 Cifra de negocios

1.1 Índice xeral e por sectores de actividade

En xaneiro, o indicador de actividade no sector servizos en Galicia rexistra un decrecemento interanual do 2,3%. Esta taxa é 6,1 puntos inferior á rexistrada no mes de decembro. En España, a cifra de negocios no sector servizos medra un 0,2%, taxa inferior en 6 puntos á do mes de decembro.

A facturación en “Comercio” diminúe un 2,2 % e en “Outros servizos” un 2,7 %. En España a facturación en “Comercio” diminúe o 1 % e en “Outros servizos” increméntase o 2,4 %.

Índices de cifra de negocios. Xaneiro de 2026

Galicia
Índice Taxa interanual (%)
XERAL 135,4 -2,3
COMERCIO 141,4 -2,2
Venda e reparación de vehículos de motor 137,5 6,7
Comercio por xunto 146,6 -5,6
Comercio ao retallo 128,3 6,5
OUTROS SERVIZOS 119,7 -2,7
Transporte 134,9 -2,6
Hostalería 123,2 5,1
Información e comunicacións 114,5 -10,8
Actividades profesionais, científicas e técnicas 102,6 -4,2
Actividades administrativas e servizos auxiliares 108,5 0,7
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%)
XERAL 121,5 0,2
COMERCIO 119,7 -1,0
Venda e reparación de vehículos de motor 122,9 -1,0
Comercio por xunto 113,0 -3,9
Comercio ao retallo 133,9 4,7
OUTROS SERVIZOS 124,7 2,4
Transporte 126,5 0,1
Hostalería 128,9 3,9
Información e comunicacións 126,8 6,8
Actividades inmobiliarias 125,2 2,0
Actividades profesionais, científicas e técnicas 115,3 1,4
Actividades administrativas e servizos auxiliares 144,2 0,9
Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

Nas actividades comerciais, aumenta a cifra de negocios de “Venda e reparación de vehículos de motor” un 6,7 % e a de “Comercio ao retallo” un 6,5 %. A facturación de “Comercio polo xunto” diminúe un 5,6 %. A nivel nacional, diminúe a cifra de negocios en “Venda e reparación de vehículos de motor” un 1 % e en “Comercio polo xunto” un 3,9 %. En “Comercio ao retallo” aumenta un 4,7 %.

En “Outros servizos”, a maior baixada rexístrase en “Información e comunicacións” (-10,8 %) e o maior crecemento no sector de “Hostalería” (5,1 %). En España, o maior incremento rexístrase en “Información e comunicacións” (6,8 %).

1.2 Índice de cifra de negocios ponderando por VEB

Utilizando como ponderación o VEB en lugar da cifra de negocios, o índice diminúe un 0,2% en xaneiro.

“Hostalería” é o sector onde se rexistra o maior incremento interanual (5,6 %).

1.3 Datos corrixidos de efectos de calendario

O seguinte gráfico amosa a evolución do indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario segundo o método de ponderación. O índice ponderado por cifra de negocios diminúe o 0,9% respecto ao mes de xaneiro do ano anterior e o índice ponderado por VEB aumenta o 1%.

Indicador de actividade do sector servizos corrixido de efectos de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.

1.4 Indicadores por comunidades autónomas

A cifra de negocios aumenta en 11 comunidades autónomas no mes de xaneiro respecto ao mesmo mes de 2025. País Vasco (3,8%) e Aragón (3,7%) rexistran os maiores incrementos da facturación. Pola contra, os maiores descensos rexístranse en Madrid (-2,9 %) e Galicia (-2,3 %).

Índices de cifra de negocios. Xaneiro de 2026

Taxas de variación interanual(%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2 Persoal ocupado

2.1 Índice xeral e por sectores de actividade

O persoal ocupado aumenta un 0,9% en Galicia e un 1,1% en España. O persoal ocupado crece un 0,5% en “Comercio” e un 1,1% en “Outros servizos”. Os sectores con maiores incrementos son “Información e comunicacións” (2,4%) e “Actividades profesionais, científicas e técnicas” (2,3%).

En España, o persoal ocupado aumenta un 1% en “Comercio” e un 1,2% en “Outros servizos”. O maior crecemento rexístrase en “Actividades administrativas e servizos auxiliares” (1,8%).

Indicador de actividade do sector servizos. Persoal ocupado. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

2.2 Indicadores de ocupación por comunidades autónomas

O emprego no sector servizos increméntase en 16 comunidades autónomas no mes de xaneiro. As comunidades con maiores aumentos do persoal ocupado son Canarias (1,9%) e Cataluña (1,9%). Castela-A Mancha é a única comunidade onde diminúe o persoal ocupado (-0,1%).

Índices de persoal ocupado. Xaneiro de 2026

Taxas de variación (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividad del sector servicios.

3 Notas metodolóxicas

Cifra de negocios: comprende os importes facturados pola empresa pola prestación de servizos e venda de bens que son obxecto do tráfico da empresa, incluídos os realizados por subcontratación. Contabilízanse incluíndo os impostos que gravan os bens e servizos coa excepción do IVE repercutido ao cliente.

Persoal ocupado: É o número total de persoas que traballan na empresa; inclúe o persoal remunerado, persoal que non percibe unha remuneración fixa ou salario (propietarios que traballan na empresa e axudas familiares), persoal facilitado polas empresas de traballo temporal y traballadores autónomos dependentes con contrato non laboral.

Valor engadido bruto: Para cada unidade dedicada a unha actividade produtiva, é a diferenza entre a produción e os consumos intermedios. Valórase a prezos básicos, que son os prezos que os produtores reciben dos compradores restando calquera imposto que se pague e sumando calquera subvención que se reciba.

Os indicadores constrúense a partir dos microdatos dos Indicadores de actividade do sector servizos subministrados polo INE.

Os índices son provisionais polo que poden modificarse nos meses seguintes.