Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 4,5% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital incrementaron os seus prezos un 0,5% e os prezos dos bens intermedios aumentaron un 6,1% no mes de agosto de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, medran os prezos dos bens de consumo un 0,7% e os dos bens intermedios un 3,2%, en comparación con agosto de 2025. En senso contrario, os prezos dos bens de capital diminuíron un 6,6%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
 
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Agosto 2026/Agosto Variación interanual 2025/Agosto 2026/Agosto Variación interanual
BENS DE CONSUMO 128,03 133,76 4,5 133,55 134,50 0,7
BENS INTERMEDIOS 128,81 136,69 6,1 134,37 138,65 3,2
BENS DE CAPITAL 144,16 144,85 0,5 100,54 93,93 -6,6
NON ENERXÉTICO 128,63 132,34 2,9 126,95 123,63 -2,6
IVU TOTAL 130,54 136,50 4,6 134,23 136,97 2,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, increméntanse os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria nun 5,5% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 5,8%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 4,7% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo aumentaron un 4,0%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 0,1% respecto a agosto de 2025 e os procedentes da Unión Europea, fixérono nun 0,8%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 2,5%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo medraron un 1,2%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
 
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Agosto 2026/Agosto Variación interanual 2025/Agosto 2026/Agosto Variación interanual
UEM 124,08 130,91 5,5 113,47 113,36 -0,1
UE 124,71 131,91 5,8 121,89 120,94 -0,8
OCDE 129,85 135,95 4,7 123,83 126,88 2,5
Resto do Mundo 131,48 136,79 4,0 160,49 162,35 1,2
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.