Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse unha diminución interanual do 1,2% nos prezos das exportacións de bens de consumo e do 4,2% nos prezos dos bens de capital. Por outra parte, os prezos dos bens intermedios aumentaron un 3,1% no mes de xullo de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de capital diminuíron un 8,6% e os dos bens intermedios un 3,7% en comparación con xullo de 2025. En senso contrario, os prezos dos bens de consumo creceron un 2,3%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Xullo 2026/Xullo Variación interanual 2025/Xullo 2026/Xullo Variación interanual
BENS DE CONSUMO 131,76 130,17 -1,2 125,39 128,30 2,3
BENS INTERMEDIOS 133,44 137,56 3,1 140,51 135,38 -3,7
BENS DE CAPITAL 143,49 137,52 -4,2 95,65 87,41 -8,6
NON ENERXÉTICO 131,83 130,21 -1,2 127,37 124,72 -2,1
IVU TOTAL 134,15 133,95 -0,1 134,68 131,59 -2,3
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 3,5% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 3,4%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 0,3% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 3,3%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 4,0% respecto a xullo de 2025 e os procedentes da Unión Europea, un 4,4%. As importacións de bens desde países da OCDE diminuíron un 0,5%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 2,7%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Xullo 2026/Xullo Variación interanual 2025/Xullo 2026/Xullo Variación interanual
UEM 127,59 132,07 3,5 115,75 111,11 -4,0
UE 128,24 132,66 3,4 124,00 118,54 -4,4
OCDE 133,39 133,78 0,3 125,04 124,45 -0,5
Resto do Mundo 135,73 131,25 -3,3 157,37 153,08 -2,7
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.