Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse unha diminución interanual do 0,5% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital baixaron un 5,2% e os prezos dos bens intermedios aumentaron un 5,6% no mes de xuño de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 2,3% e os dos bens intermedios un 12,5%, en comparación con xuño de 2025. En senso contrario, os prezos dos bens de capital diminuíron un 1,9%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Xuño 2026/Xuño Variación interanual 2025/Xuño 2026/Xuño Variación interanual
BENS DE CONSUMO 130,46 129,81 -0,5 124,66 127,55 2,3
BENS INTERMEDIOS 128,48 135,68 5,6 128,31 144,32 12,5
BENS DE CAPITAL 149,19 141,36 -5,2 98,56 96,66 -1,9
NON ENERXÉTICO 130,21 130,15 0,0 118,92 122,56 3,1
IVU TOTAL 132,43 133,42 0,7 127,44 137,02 7,5
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria mantivéronse sen cambios en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 0,2%. Os prezos das exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 0,2% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo aumentaron un 4,7%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 2,6% respecto a xuño de 2025 e os procedentes da Unión Europea, diminuíron un 1,6%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 7,1%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo medraron un 8,6%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Xuño 2026/Xuño Variación interanual 2025/Xuño 2026/Xuño Variación interanual
UEM 128,99 129,01 0,0 114,88 111,88 -2,6
UE 128,59 128,83 0,2 122,51 120,58 -1,6
OCDE 131,78 132,08 0,2 122,88 131,66 7,1
Resto do Mundo 133,55 139,77 4,7 142,10 154,26 8,6
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.