Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse unha diminución interanual do 1,2% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital baixaron un 8,0% e os prezos dos bens intermedios aumentaron un 7,6% no mes de maio de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo diminuíron un 1,0% en comparación con maio de 2025. En senso contrario, os prezos dos bens de capital aumentaron un 3,1% e os dos bens intermedios un 11,6%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Maio 2026/Maio Variación interanual 2025/Maio 2026/Maio Variación interanual
BENS DE CONSUMO 135,64 134,05 -1,2 128,28 126,95 -1,0
BENS INTERMEDIOS 127,13 136,75 7,6 126,16 140,81 11,6
BENS DE CAPITAL 149,49 137,58 -8,0 93,80 96,67 3,1
NON ENERXÉTICO 132,86 132,00 -0,6 119,76 123,50 3,1
IVU TOTAL 134,92 135,90 0,7 126,43 135,23 7,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 0,7% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 0,5%. Os prezos das exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 0,5% e os dos bens destinados ao resto do mundo un 2,5%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 1,1% respecto a maio de 2025 e os procedentes da Unión Europea, aumentaron un 1,6%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 4,7% e os prezos dos bens importados do resto do mundo medraron un 7,6%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Maio 2026/Maio Variación interanual 2025/Maio 2026/Maio Variación interanual
UEM 133,00 133,87 0,7 114,57 113,26 -1,1
UE 132,42 133,07 0,5 120,88 122,83 1,6
OCDE 135,10 135,74 0,5 122,35 128,10 4,7
Resto do Mundo 130,10 133,40 2,5 143,85 154,76 7,6
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.