Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 8,0% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital baixaron un 0,5% e os prezos dos bens intermedios aumentaron un 4,9% no mes de abril de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de capital diminuíron un 21,5% e os dos bens intermedios un 9,1%, en comparación con abril de 2025. En senso contrario, os prezos dos bens de consumo creceron un 1,8%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Abril 2026/Abril Variación interanual 2025/Abril 2026/Abril Variación interanual
BENS DE CONSUMO 123,63 133,47 8,0 136,92 139,43 1,8
BENS INTERMEDIOS 127,73 134,02 4,9 139,91 127,12 -9,1
BENS DE CAPITAL 144,22 143,46 -0,5 91,01 71,41 -21,5
NON ENERXÉTICO 124,86 131,18 5,1 128,29 122,90 -4,2
IVU TOTAL 127,48 135,26 6,1 137,26 127,61 -7,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 10,5% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 9,4%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 7,1% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 0,7%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 4,7% respecto a abril de 2025 e os procedentes da Unión Europea, diminuíron un 2,2%. As importacións de bens desde países da OCDE diminuíron un 10,2%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo medraron un 1,0%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Abril 2026/Abril Variación interanual 2025/Abril 2026/Abril Variación interanual
UEM 122,61 135,48 10,5 114,90 109,53 -4,7
UE 123,04 134,65 9,4 119,12 116,55 -2,2
OCDE 127,10 136,16 7,1 124,62 111,97 -10,2
Resto do Mundo 126,64 125,78 -0,7 165,93 167,62 1,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.