Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 1,9% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital baixaron un 0,5% e os prezos dos bens intermedios tamén se reduciron un 3,9% no mes de marzo de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 0,4%. Pola contra, os dos bens de capital diminuíron un 1,4% e os dos bens intermedios un 5,0%, en comparación con marzo de 2025.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Marzo 2026/Marzo Variación interanual 2025/Marzo 2026/Marzo Variación interanual
BENS DE CONSUMO 130,83 133,27 1,9 143,92 144,47 0,4
BENS INTERMEDIOS 134,96 129,72 -3,9 146,12 138,84 -5,0
BENS DE CAPITAL 145,08 144,36 -0,5 94,20 92,91 -1,4
NON ENERXÉTICO 131,60 130,51 -0,8 132,77 127,44 -4,0
IVU TOTAL 134,23 133,86 -0,3 143,63 139,59 -2,8
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 1,3% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 0,5%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 0,9% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 8,4%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 1,8% respecto a marzo de 2025 e os procedentes da Unión Europea, aumentaron un 0,6%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 1,1%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 7,5%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Marzo 2026/Marzo Variación interanual 2025/Marzo 2026/Marzo Variación interanual
UEM 130,64 132,40 1,3 113,08 111,02 -1,8
UE 130,49 131,13 0,5 120,27 120,98 0,6
OCDE 133,37 134,61 0,9 128,33 129,75 1,1
Resto do Mundo 136,71 125,26 -8,4 177,61 164,30 -7,5
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.