Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 0,3% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital incrementaron os seus prezos un 3,2% e os prezos dos bens intermedios diminuíron un 7,4% no mes de febreiro de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 6,0% en comparación con febreiro de 2025. En senso contrario, os prezos dos bens de capital diminuíron un 10,2% e os dos bens intermedios un 7,2%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Febreiro 2026/Febreiro Variación interanual 2025/Febreiro 2026/Febreiro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 135,74 136,21 0,3 137,69 145,95 6,0
BENS INTERMEDIOS 133,17 123,33 -7,4 137,15 127,30 -7,2
BENS DE CAPITAL 144,32 148,93 3,2 84,45 75,84 -10,2
NON ENERXÉTICO 132,80 132,45 -0,3 126,09 123,40 -2,1
IVU TOTAL 136,39 134,06 -1,7 135,18 130,52 -3,4
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria diminuíron un 0,5% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 1,1%. Os prezos das exportacións dirixidas a países da OCDE diminuíron un 0,5% e os dos bens destinados ao resto do mundo un 9,0%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 0,2% respecto a febreiro de 2025 e os procedentes da Unión Europea un 2,7%. As importacións de bens desde países da OCDE diminuíron un 3,5%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 2,5%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Febreiro 2026/Febreiro Variación interanual 2025/Febreiro 2026/Febreiro Variación interanual
UEM 132,90 132,20 -0,5 112,00 111,83 -0,2
UE 133,31 131,89 -1,1 120,46 117,24 -2,7
OCDE 135,79 135,17 -0,5 124,02 119,67 -3,5
Resto do Mundo 136,45 124,17 -9,0 162,10 158,00 -2,5
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).

3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.