Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, diminuíron os prezos das exportacións nos tres grupos principais. Os prezos das exportacións de bens de consumo experimentaron unha diminución interanual do 1,5%; os dos bens de capital baixaron un 1,2% e os dos bens intermedios un 5,6% no mes de xaneiro de 2026 respecto ao mesmo mes de 2025.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo diminuíron un 0,8%, os dos bens de capital un 5,4% e os dos bens intermedios un 2,0%, en comparación con xaneiro de 2025.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Xaneiro 2026/Xaneiro Variación interanual 2025/Xaneiro 2026/Xaneiro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 137,26 135,20 -1,5 144,82 143,68 -0,8
BENS INTERMEDIOS 130,08 122,85 -5,6 137,15 134,38 -2,0
BENS DE CAPITAL 143,31 141,61 -1,2 83,52 79,02 -5,4
NON ENERXÉTICO 132,61 131,48 -0,9 125,40 129,25 3,1
IVU TOTAL 136,00 132,41 -2,6 137,16 134,95 -1,6
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria diminuíron un 3,7% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 3,5%. As exportacións dirixidas a países da OCDE diminuíron un 3,6% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo aumentaron un 5,5%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria baixaron un 6,0% respecto a xaneiro de 2025 e os procedentes da Unión Europea un 5,2%. As importacións de bens desde países da OCDE diminuíron un 8,5%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo medraron un 6,0%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2025/Xaneiro 2026/Xaneiro Variación interanual 2025/Xaneiro 2026/Xaneiro Variación interanual
UEM 132,86 127,97 -3,7 116,33 109,31 -6,0
UE 134,07 129,42 -3,5 124,02 117,55 -5,2
OCDE 137,70 132,76 -3,6 127,29 116,52 -8,5
Resto do Mundo 119,87 126,42 5,5 163,64 173,38 6,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.