Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 4,2% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital incrementaron os seus prezos un 0,8% e os prezos dos bens intermedios diminuíron un 1,5% no mes de decembro de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 4,7% e os dos bens de capital un 13,0%, en comparación con decembro de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 9,4%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Decembro 2025/Decembro Variación interanual 2024/Decembro 2025/Decembro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 143,17 149,21 4,2 143,38 150,17 4,7
BENS INTERMEDIOS 134,28 132,25 -1,5 143,56 130,11 -9,4
BENS DE CAPITAL 149,48 150,69 0,8 93,92 106,17 13,0
NON ENERXÉTICO 139,08 142,91 2,8 132,13 131,61 -0,4
IVU TOTAL 141,56 144,77 2,3 141,77 138,32 -2,4
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 3,9% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 2,9%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 3,0% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 3,0%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 15,9% respecto a decembro de 2024 e os procedentes da Unión Europea, un 12,0%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 10,6%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 15,1%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Decembro 2025/Decembro Variación interanual 2024/Decembro 2025/Decembro Variación interanual
UEM 137,60 142,96 3,9 110,00 127,52 15,9
UE 139,42 143,45 2,9 115,79 129,74 12,0
OCDE 141,73 145,96 3,0 118,45 131,03 10,6
Resto do Mundo 136,71 132,60 -3,0 187,56 159,22 -15,1
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.