Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 7,8% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital baixaron un 3,2% e os prezos dos bens intermedios non rexistraron variación no mes de novembro de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 0,9% e os dos bens de capital un 13,9%, en comparación con novembro de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 6,3%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Novembro 2025/Novembro Variación interanual 2024/Novembro 2025/Novembro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 140,90 151,82 7,8 140,68 141,93 0,9
BENS INTERMEDIOS 127,42 127,37 0,0 142,71 133,73 -6,3
BENS DE CAPITAL 147,26 142,53 -3,2 92,88 105,81 13,9
NON ENERXÉTICO 135,57 141,43 4,3 128,57 128,28 -0,2
IVU TOTAL 137,98 143,45 4,0 140,65 138,14 -1,8
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 11,1% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 9,9%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 5,2% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 4,6%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 9,7% respecto a novembro de 2024 e os procedentes da OCDE un 3,6%. Os prezos das importacións de bens desde países da Unión Europea diminuíron un 1,0% e os dos bens importados do resto do mundo un 8,4%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Novembro 2025/Novembro Variación interanual 2024/Novembro 2025/Novembro Variación interanual
UEM 129,93 144,30 11,1 113,92 124,97 9,7
UE 133,14 146,35 9,9 128,12 126,89 -1,0
OCDE 137,83 144,93 5,2 127,21 131,85 3,6
Resto do Mundo 135,68 129,48 -4,6 171,96 157,51 -8,4
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.