Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual nos prezos das exportacións de bens de consumo (6,0%), bens de capital (2,5%) e bens intermedios (1,3%) no mes de outubro de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 5,9% e os dos bens de capital un 16,7%, en comparación con outubro de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 17,5%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Outubro 2025/Outubro Variación interanual 2024/Outubro 2025/Outubro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 137,60 145,85 6,0 141,25 149,54 5,9
BENS INTERMEDIOS 126,73 128,35 1,3 141,58 116,84 -17,5
BENS DE CAPITAL 143,14 146,70 2,5 94,96 110,78 16,7
NON ENERXÉTICO 132,37 138,57 4,7 133,62 123,08 -7,9
IVU TOTAL 135,31 141,00 4,2 141,06 129,36 -8,3
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 8,6% en termos interanuais, os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 7,1% e os das exportacións dirixidas a países da OCDE un 6,0%. Os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 8,6%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 2,2% respecto a outubro de 2024 e os procedentes da Unión Europea, un 3,2%. As importacións de bens desde países da OCDE diminuíron un 3,6% e as do resto do mundo un 14,1%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Outubro 2025/Outubro Variación interanual 2024/Outubro 2025/Outubro Variación interanual
UEM 128,44 139,45 8,6 116,36 118,92 2,2
UE 131,40 140,75 7,1 123,77 127,69 3,2
OCDE 134,71 142,75 6,0 129,30 124,62 -3,6
Resto do Mundo 136,91 125,18 -8,6 169,74 145,84 -14,1
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.