Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 2,8% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital incrementaron os seus prezos un 5,2% e os prezos dos bens intermedios diminuíron un 2,6% no mes de setembro de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 1,6% e os dos bens de capital aumentaron un 29,5%, en comparación con setembro de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 8,7%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Setembro 2025/Setembro Variación interanual 2024/Setembro 2025/Setembro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 136,16 139,92 2,8 136,67 138,90 1,6
BENS INTERMEDIOS 131,40 128,00 -2,6 136,77 124,87 -8,7
BENS DE CAPITAL 136,65 143,70 5,2 92,46 119,69 29,5
NON ENERXÉTICO 132,97 134,56 1,2 126,01 123,12 -2,3
IVU TOTAL 135,40 137,25 1,4 135,77 131,91 -2,8
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 10,2% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 8,3%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 1,6% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 0,4%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 0,4% respecto a setembro de 2024 e os procedentes da Unión Europea, diminuíron un 0,3%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 5,2%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 11,4%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Setembro 2025/Setembro Variación interanual 2024/Setembro 2025/Setembro Variación interanual
UEM 124,33 136,95 10,2 121,38 121,92 0,4
UE 126,30 136,73 8,3 124,88 124,52 -0,3
OCDE 135,75 137,88 1,6 123,74 130,14 5,2
Resto do Mundo 129,62 129,16 -0,4 164,07 145,40 -11,4
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.