Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 0,9% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os prezos dos bens de capital baixaron un 1,8% e os dos bens intermedios diminuíron un 0,2% no mes de agosto de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 5,5% e os dos bens de capital un 43,9%, en comparación con agosto de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 10,6%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Agosto 2025/Agosto Variación interanual 2024/Agosto 2025/Agosto Variación interanual
BENS DE CONSUMO 129,82 130,99 0,9 127,27 134,30 5,5
BENS INTERMEDIOS 131,33 131,06 -0,2 153,53 137,24 -10,6
BENS DE CAPITAL 146,09 143,40 -1,8 78,84 113,43 43,9
NON ENERXÉTICO 130,98 130,52 -0,4 128,71 130,20 1,2
IVU TOTAL 132,37 132,92 0,4 141,58 137,12 -3,2
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 3,0% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 2,1%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 0,9% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 4,0%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 0,7% respecto a agosto de 2024 e os procedentes da Unión Europea, diminuíron un 2,2%. Os prezos das importacións de bens desde países da OCDE non variaron, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 6,8%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Agosto 2025/Agosto Variación interanual 2024/Agosto 2025/Agosto Variación interanual
UEM 125,71 129,52 3,0 114,42 115,21 0,7
UE 127,12 129,76 2,1 124,42 121,64 -2,2
OCDE 132,06 133,30 0,9 127,23 127,26 0,0
Resto do Mundo 131,52 126,21 -4,0 173,83 162,01 -6,8
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa).


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.