Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 3,3% nos prezos das exportacións de bens de consumo e do 4,6% nos prezos dos bens intermedios; os bens de capital baixaron un 11,0% no mes de xullo de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo diminuíron un 2,4% e os dos bens intermedios un 1,1%, en comparación con xullo de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens de capital aumentaron un 30,0%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Xullo 2025/Xullo Variación interanual 2024/Xullo 2025/Xullo Variación interanual
BENS DE CONSUMO 130,53 134,81 3,3 129,45 126,35 -2,4
BENS INTERMEDIOS 130,78 136,78 4,6 134,80 133,29 -1,1
BENS DE CAPITAL 161,66 143,84 -11,0 86,19 112,08 30,0
NON ENERXÉTICO 131,77 134,25 1,9 118,97 123,52 3,8
IVU TOTAL 134,92 137,02 1,6 131,47 131,80 0,3
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 5,2% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 2,9%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 2,4% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 4,5%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 3,6% respecto a xullo de 2024 e os procedentes da Unión Europea, aumentaron un 3,0%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 3,9%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 4,5%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Xullo 2025/Xullo Variación interanual 2024/Xullo 2025/Xullo Variación interanual
UEM 126,97 133,59 5,2 112,85 116,94 3,6
UE 130,24 134,05 2,9 118,07 121,64 3,0
OCDE 134,47 137,70 2,4 120,21 124,85 3,9
Resto do Mundo 134,43 128,36 -4,5 158,37 151,26 -4,5
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.