Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 2,2% nos prezos das exportacións de bens de consumo; os bens de capital incrementaron os seus prezos un 2,9% e os prezos dos bens intermedios diminuíron un 2,7% no mes de xuño de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 2,4% e os dos bens de capital aumentaron un 27,2%, en comparación con xuño de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 8,7%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Xuño 2025/Xuño Variación interanual 2024/Xuño 2025/Xuño Variación interanual
BENS DE CONSUMO 130,72 133,62 2,2 122,01 124,89 2,4
BENS INTERMEDIOS 132,71 129,09 -2,7 139,28 127,15 -8,7
BENS DE CAPITAL 142,92 147,03 2,9 84,57 107,61 27,2
NON ENERXÉTICO 130,24 131,56 1,0 118,51 118,77 0,2
IVU TOTAL 133,25 134,24 0,7 131,32 127,32 -3,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 4,9% en termos interanuais; os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 4,0%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 1,2% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 2,6%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 0,2% respecto a xuño de 2024 e os procedentes da Unión Europea, un 1,1%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 2,5%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 10,0%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Xuño 2025/Xuño Variación interanual 2024/Xuño 2025/Xuño Variación interanual
UEM 127,80 134,11 4,9 112,84 113,06 0,2
UE 128,02 133,08 4,0 117,54 118,78 1,1
OCDE 132,77 134,38 1,2 120,08 123,12 2,5
Resto do Mundo 133,11 129,71 -2,6 158,14 142,29 -10,0
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.