Principais resultados

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


1 Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 10,8% nos prezos das exportacións de bens de consumo e do 1,3% nos dos bens de capital; os prezos dos bens intermedios diminuíron un 1,1% no mes de maio de 2025 respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 9,9% e os dos bens de capital un 34,2% en comparación con maio de 2024. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios diminuíron un 0,9% en taxa interanual.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Maio 2025/Maio Variación interanual 2024/Maio 2025/Maio Variación interanual
BENS DE CONSUMO 125,66 139,18 10,8 116,59 128,09 9,9
BENS INTERMEDIOS 131,76 130,28 -1,1 135,79 134,63 -0,9
BENS DE CAPITAL 145,51 147,41 1,3 81,30 109,12 34,2
NON ENERXÉTICO 127,27 134,96 6,0 115,60 127,56 10,3
IVU TOTAL 130,43 137,76 5,6 127,33 132,94 4,4
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


2 Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 7,1% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea un 6,6%. Os prezos dos bens destinados a países da OCDE incrementáronse un 5,7% e os destinados ao resto do mundo un 4,6%.

En canto á orixe xeográfica das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 5,6% e os procedentes da Unión Europea un 8,5% respecto a maio de 2024. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 9,8%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 2,2%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Maio 2025/Maio Variación interanual 2024/Maio 2025/Maio Variación interanual
UEM 128,17 137,32 7,1 109,64 115,78 5,6
UE 127,75 136,15 6,6 110,16 119,49 8,5
OCDE 131,43 138,95 5,7 113,29 124,41 9,8
Resto do Mundo 120,26 125,83 4,6 159,11 155,57 -2,2
Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior (descarga da táboa)


3 Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

4 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.