ÍNDICE


Introdución

Os Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.


Evolución

No mes de maio os prezos dos bens exportados na Comunidade Autónoma de Galicia diminuíron un 4,3% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Os prezos dos bens importados aumentaron un 1,2% en termos interanuais.


     Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Fonte: IGE (descarga da táboa)


Clasificación por destino económico dos bens

Atendendo á clasificación por destino económico, produciuse unha diminución interanual do 5,93% nos prezos das exportacións de bens de consumo. Os prezos dos bens intermedios diminuíron un 2,48% respecto ao mes de maio de 2023 e os prezos dos bens de capital subiron un 0,10%.

Nas importacións, os prezos dos bens de consumo diminuíron un 1,20% respecto ao mes de maio do ano anterior. Os prezos dos bens intermedios experimentaron un aumento interanual do 4,44% e os dos bens de capital diminuíron un 12,15%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2023/Maio 2024/Maio Variación interanual 2023/Maio 2024/Maio Variación interanual
BENS DE CONSUMO 133,62 125,70 -5,93 117,85 116,43 -1,20
BENS INTERMEDIOS 135,42 132,06 -2,48 126,61 132,23 4,44
BENS DE CAPITAL 140,58 140,72 0,10 94,64 83,14 -12,15
NON ENERXÉTICO 133,27 126,85 -4,82 113,44 113,51 0,06
IVU TOTAL 135,72 129,91 -4,28 123,76 125,21 1,17
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, produciuse unha diminución interanual do 3,40% nos prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria e una disminución do 3,45% nos das exportacións á Unión Europea. Os prezos das exportacións á OCDE diminuíron en maio un 4,51% e os dos bens con destino ao resto do mundo diminuíron un 2,72%.

Por orixe dos bens importados, os prezos dos bens procedentes de países pertencentes á Unión Económica e Monetaria aumentaron un 0,25% en termos interanuais. Os prezos das importacións procedentes da Unión Europea diminuíron un 1,37%, os prezos dos bens procedentes de países da OCDE diminuíron un 2,55% e os prezos dos bens importados procedentes do resto do mundo aumentaron un 5,82%.


Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2023/Maio 2024/Maio Variación interanual 2023/Maio 2024/Maio Variación interanual
UEM 132,06 127,57 -3,40 113,59 113,87 0,25
UE 131,60 127,06 -3,45 115,74 114,16 -1,37
OCDE 136,73 130,56 -4,51 119,44 116,40 -2,55
Resto do Mundo 125,59 122,17 -2,72 139,55 147,67 5,82
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.