Principais resultados

Índice xeral e subxacente. Galicia

Unidade: Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE. Índices de precios de consumo. Extraído de http://www.ine.es.

1 O IPC do mes de febreiro de 2026

O IPC de Galicia aumentou o 2,2% en taxa interanual, unha décima menos menos que en España (2,3%). Respecto a xaneiro, os prezos aumentaron o 0,5% en Galicia, unha décima máis que no conxunto de España (0,4%).

IPC xeral
Unidade: Taxa de variación (%)
Mensual No que vai do ano Anual
Galicia 0,5 0,1 2,2
España 0,4 0,0 2,3
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi do 2,4%, tres décimas menos que a nivel estatal (2,7%).

2 Variacións intermensuais

En variación intermensuais, os grupos con maiores incrementos dos prezos en Galicia foron “Transporte” (1,1%), “Restaurantes e servizos de aloxamento” (0,8%) e “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (0,7%).

En senso contrario, baixaron os prezos en dous grupos: “Vestido e calzado” (-1,4%) e “Seguros e servizos financeiros” (-0,1%).

Índice xeral e por grupos ECOICOP ver.2
Unidade: Taxa de variación mensual (%)
Grupo ECOICOP ver.2 Galicia España
Índice xeral 0,5 0,4
Alimentos e bebidas non alcohólicas 0,7 0,6
Bebidas alcohólicas e tabaco 0,4 0,4
Vestido e calzado -1,4 -0,9
Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles 0,6 -0,3
Mobles, artigos do fogar e artigos para o mantemento corrente do fogar 0,1 0,2
Sanidade 0,7 0,4
Transporte 1,1 0,8
Información e comunicacións 0,2 0,3
Actividades recreativas, deporte e cultura 0,1 0,1
Ensino 0,1 0,0
Restaurantes e servizos de aloxamento 0,8 0,9
Seguros e servizos financeiros -0,1 -0,1
Coidado persoal, protección social, e bens e servizos diversos 0,4 0,8
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

3 Variacións interanuais

En termos interanuais, os grupos con maior crecemento dos prezos son “Restaurantes e servizos de aloxamento” (4,7%) e “Bebidas alcohólicas e tabaco” (4,3%).

Pola contra, diminuíron os prezos en “Vestido e calzado” (-1,9%), “Información e comunicacións” (-0,4%) e “Transporte” (-0,2%).

Índice xeral e por grupos ECOICOP ver.2
Unidade: Taxa de variación anual (%)
Grupo ECOICOP ver.2 Galicia España
Índice xeral 2,2 2,3
Alimentos e bebidas non alcohólicas 3,6 3,2
Bebidas alcohólicas e tabaco 4,3 4,7
Vestido e calzado -1,9 -1,3
Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles 2,6 1,9
Mobles, artigos do fogar e artigos para o mantemento corrente do fogar 0,7 0,9
Sanidade 3,0 2,4
Transporte -0,2 0,1
Información e comunicacións -0,4 -0,3
Actividades recreativas, deporte e cultura 1,2 1,3
Ensino 2,7 2,6
Restaurantes e servizos de aloxamento 4,7 4,8
Seguros e servizos financeiros 4,1 3,7
Coidado persoal, protección social, e bens e servizos diversos 2,2 3,4
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

4 Información por provincias

En relación cos índices provinciais, a taxa de variación mensual dos prezos variou entre o 0,2% de Ourense e o 0,6% da Coruña.

En variación interanual, as taxas movéronse entre o 2,1% de Lugo e Pontevedra e o 2,7% de Ourense.

IPC xeral por provincias
Unidade: Taxa de variación (%)
Provincia Mensual No que vai de ano Anual
A Coruña 0,6 0,3 2,2
Lugo 0,4 -0,4 2,1
Ourense 0,2 0,5 2,7
Pontevedra 0,5 -0,1 2,1
Galicia 0,5 0,1 2,2
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

5 Información por comunidades e cidades autónomas

En todas as comunidades e cidades autónomas aumentaron os prezos respecto ao mes anterior agás en Melilla (-0,1%).

En termos de inflación interanual, todas as comunidades e cidades autónomas rexistraron taxas positivas. Os maiores incrementos rexístranse en Comunidade de Madrid (2,9% ) e Comunidade Valenciana (2,6%).

IPC xeral nas comunidades e cidades autónomas
Unidade: Taxa de variación (%)
Mensual No que vai do ano Anual
España 0,4 0,0 2,3
Andalucía 0,5 0,1 2,3
Aragón 0,5 0,1 2,4
Asturias (Principado de) 0,5 -0,2 2,0
Baleares, Illas 0,4 -0,1 2,2
Canarias 0,3 -0,3 2,1
Cantabria 0,2 -0,2 2,4
Castela e León 0,4 -0,1 2,1
Castela-A Mancha 0,4 0,0 2,0
Cataluña 0,5 0,1 2,0
Comunidade Valenciana 0,5 0,2 2,6
Estremadura 0,5 0,0 2,5
Galicia 0,5 0,1 2,2
Madrid, Comunidade de 0,2 -0,3 2,9
Murcia, Rexión de 0,5 0,0 2,1
Navarra, Comunidade Foral de 0,4 -0,2 2,2
País Vasco 0,5 0,1 2,4
Rioxa, A 0,3 -0,3 2,0
Ceuta 0,0 -0,3 2,0
Melilla -0,1 -0,5 2,0
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

6 Previsións

O valor previsto para a variación interanual do índice xeral de Galicia era do 1,9% no mes de febreiro de 2026, tres décimas inferior ao valor acadado polo índice. Na inflación subxacente, a predición (2,2%) foi dúas décimas inferior ao valor finalmente observado (2,4%).

Avaliación das previsións do mes de febreiro . Galicia
Unidade: Taxa de variación (%)
Mensual
Anual
Grupos especiais Observada Predición Observada Predición
Índice xeral 0,5 0,2 2,2 1,9
Inflación subxacente 0,5 0,3 2,4 2,2
Alimentos sen elaboración 1,3 0,2 8,7 7,6
Alimentos elaborados 0,3 0,3 1,7 1,6
Bens industriais sen produtos enerxéticos 0,0 -0,4 0,9 0,5
Produtos enerxéticos 0,5 -0,3 -3,3 -4,1
Servizos 0,7 0,6 3,4 3,2
Fonte: IGE.

A predición para o mes de marzo de 2026 do IPC xeral en Galicia é dunha taxa interanual do 3,1%, nove décimas superior á rexistrada en febreiro, debido principalmente á subida dos prezos dos produtos enerxéticos. A predición sobre o mes anterior é dunha taxa do 0,7%.

Previsións para o mes de marzo . Galicia
Unidade: Taxa de variación (%)
Grupos especiais Mensual Anual
Índice xeral 0,7 3,1
Inflación subxacente 0,3 2,5
Alimentos sen elaboración 0,5 8,3
Alimentos elaborados -0,2 1,9
Bens industriais sen produtos enerxéticos 0,4 1,0
Produtos enerxéticos 4,2 4,7
Servizos 0,5 3,4
Fonte: IGE. Informe sobre as variacións dos índices de prezos de consumo (descarga da táboa).

7 Notas metodolóxicas

A predición do IPC xeral baséase na desagregación do mesmo en cinco compoñentes: alimentos non elaborados, alimentos elaborados, bens industriais sen produtos enerxéticos, produtos enerxéticos e servizos.

Para cada un dos compoñentes realízase unha modelización univariante, agás para os combustibles e carburantes (un dos compoñentes de produtos enerxéticos) onde se contrasta a súa evolución cos prezos do cru nos mercados internacionais e cos prezos dos combustibles e da electricidade a través de modelos BVAR.

Nos índices referidos ao mes de xaneiro de 2026 implántase a base 2025, na que se introduce a nova clasificación internacional de consumo, ECOICOP ver.2.