Principais resultados

Índice xeral e subxacente. Galicia

Unidade: Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE. Índices de precios de consumo. Extraído de http://www.ine.es.

1 O IPC do mes de xaneiro de 2026

O IPC de Galicia aumentou o 1,9% en taxa interanual, catro décimas menos que en España (2,3%). Respecto a decembro, os prezos diminuíron o 0,4% en Galicia e en España.

IPC xeral
Unidade: Taxa de variación (%)
Mensual No que vai do ano Anual
Galicia -0,4 -0,4 1,9
España -0,4 -0,4 2,3
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi do 2,1%, cinco décimas menos que a nivel estatal (2,6%).

2 Variacións intermensuais

En variación intermensuais, os grupos con maiores incrementos dos prezos en Galicia foron “Bebidas alcohólicas e tabaco” (2,5%), “Información e comunicacións” (1,8%) e “Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles” (1,5%).

En senso contrario, os grupos con maior baixada dos prezos foron “Vestido e calzado” (-13,8%) e “Actividades recreativas, deporte e cultura” (-3%).

Índice xeral e por grupos ECOICOP ver.2
Unidade: Taxa de variación mensual (%)
Grupo ECOICOP ver.2 Galicia España
Índice xeral -0,4 -0,4
Alimentos e bebidas non alcohólicas 0,6 0,6
Bebidas alcohólicas e tabaco 2,5 1,8
Vestido e calzado -13,8 -13,1
Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles 1,5 0,9
Mobles, artigos do fogar e artigos para o mantemento corrente do fogar -0,1 -0,3
Sanidade 0,6 0,3
Transporte -1,0 -1,1
Información e comunicacións 1,8 1,5
Actividades recreativas, deporte e cultura -3,0 -2,8
Ensino 0,0 0,0
Restaurantes e servizos de aloxamento 0,2 0,0
Seguros e servizos financeiros 1,3 1,2
Coidado persoal, protección social, e bens e servizos diversos 0,5 0,5
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

3 Variacións interanuais

En termos interanuais, os grupos con maior crecemento dos prezos son “Seguros e servizos financeiros” (5,2%) e “Restaurantes e servizos de aloxamento” (4,6%).

Pola contra, diminuíron os prezos en “Vestido e calzado” (-2,7%), “Transporte” (-0,8%) e “Información e comunicacións” (-0,1%).

Índice xeral e por grupos ECOICOP ver.2
Unidade: Taxa de variación anual (%)
Grupo ECOICOP ver.2 Galicia España
Índice xeral 1,9 2,3
Alimentos e bebidas non alcohólicas 3,0 3,0
Bebidas alcohólicas e tabaco 4,3 4,5
Vestido e calzado -2,7 -1,9
Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles 2,4 2,7
Mobles, artigos do fogar e artigos para o mantemento corrente do fogar 0,7 0,8
Sanidade 2,3 2,2
Transporte -0,8 -0,1
Información e comunicacións -0,1 -0,1
Actividades recreativas, deporte e cultura 1,3 1,9
Ensino 2,7 2,6
Restaurantes e servizos de aloxamento 4,6 4,5
Seguros e servizos financeiros 5,2 4,7
Coidado persoal, protección social, e bens e servizos diversos 2,6 3,0
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

4 Información por provincias

En relación cos índices provinciais, a taxa de variación mensual dos prezos variou entre o -0,8% de Lugo e o 0,3% de Ourense.

En variación interanual, as taxas movéronse entre o 1,7% de Lugo e o 2,6% de Ourense.

IPC xeral por provincias
Unidade: Taxa de variación (%)
Provincia Mensual No que vai de ano Anual
A Coruña -0,4 -0,4 1,8
Lugo -0,8 -0,8 1,7
Ourense 0,3 0,3 2,6
Pontevedra -0,6 -0,6 1,9
Galicia -0,4 -0,4 1,9
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

5 Información por comunidades e cidades autónomas

En todas as comunidades e cidades autónomas diminuíron os prezos respecto ao mes anterior. As maiores caídas rexistráronse en Principado de Asturias e A Rioxa (-0,7%).

En termos de inflación interanual, todas as comunidades e cidades autónomas rexistraron taxas positivas. Os maiores incrementos rexístranse en Comunidade de Madrid (3% ) e Ceuta (2,9%).

IPC xeral nas comunidades e cidades autónomas
Unidade: Taxa de variación (%)
Mensual No que vai do ano Anual
España -0,4 -0,4 2,3
Andalucía -0,4 -0,4 2,1
Aragón -0,4 -0,4 2,3
Asturias (Principado de) -0,7 -0,7 1,9
Baleares, Illas -0,4 -0,4 2,4
Canarias -0,6 -0,6 2,3
Cantabria -0,3 -0,3 2,5
Castela e León -0,5 -0,5 2,1
Castela-A Mancha -0,4 -0,4 1,9
Cataluña -0,4 -0,4 2,0
Comunidade Valenciana -0,4 -0,4 2,5
Estremadura -0,5 -0,5 2,3
Galicia -0,4 -0,4 1,9
Madrid, Comunidade de -0,5 -0,5 3,0
Murcia, Rexión de -0,4 -0,4 1,9
Navarra, Comunidade Foral de -0,6 -0,6 2,2
País Vasco -0,5 -0,5 2,3
Rioxa, A -0,7 -0,7 1,9
Ceuta -0,3 -0,3 2,9
Melilla -0,4 -0,4 2,4
Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Extraído de: https://www.ine.es/.

6 Previsións

O valor previsto para a variación interanual do índice xeral de Galicia era do 2% no mes de xaneiro de 2026, unha décima superior ao valor acadado polo índice. Na inflación subxacente, a predición (2,2%) foi unha décima superior ao valor finalmente observado (2,1%).

Avaliación das previsións do mes de xaneiro . Galicia
Unidade: Taxa de variación (%)
Mensual
Anual
Grupos especiais Observada Predición Observada Predición
Índice xeral -0,4 -0,4 1,9 2,0
Inflación subxacente -0,6 -0,5 2,1 2,2
Alimentos sen elaboración 0,7 0,7 7,9 7,9
Alimentos elaborados 1,0 0,7 1,2 1,0
Bens industriais sen produtos enerxéticos -2,5 -2,4 0,5 0,6
Produtos enerxéticos 0,1 0,1 -3,3 -3,4
Servizos -0,2 0,0 3,2 3,4
Fonte: IGE.

A predición para o mes de febreiro de 2026 do IPC xeral en Galicia é dunha taxa interanual do 1,9%, unha décima inferior á rexistrada en xaneiro. A predición sobre o mes anterior é dunha taxa do 0,2%.

Previsións para o mes de febreiro . Galicia
Unidade: Taxa de variación (%)
Grupos especiais Mensual Anual
Índice xeral 0,2 1,9
Inflación subxacente 0,3 2,2
Alimentos sen elaboración 0,2 7,6
Alimentos elaborados 0,3 1,6
Bens industriais sen produtos enerxéticos -0,4 0,5
Produtos enerxéticos -0,3 -4,1
Servizos 0,6 3,2
Fonte: IGE. Informe sobre as variacións dos índices de prezos de consumo (descarga da táboa).

7 Notas metodolóxicas

A predición do IPC xeral baséase na desagregación do mesmo en cinco compoñentes: alimentos non elaborados, alimentos elaborados, bens industriais sen produtos enerxéticos, produtos enerxéticos e servizos.

Para cada un dos compoñentes realízase unha modelización univariante, agás para os combustibles e carburantes (un dos compoñentes de produtos enerxéticos) onde se contrasta a súa evolución cos prezos do cru nos mercados internacionais e cos prezos dos combustibles e da electricidade a través de modelos BVAR.

Nos índices referidos ao mes de xaneiro de 2026 implántase a base 2025, na que se introduce a nova clasificación internacional de consumo, ECOICOP ver.2.