Principais resultados

Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Taxas de variación interanual (%)

Fonte: INE.

1 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos constantes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes aumenta un 5,5% en Galicia e un 4,7% en España en decembro de 2025 con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

O índice xeral sen estacións de servizo medra un 5,3% en Galicia e un 4,6% en España respecto a decembro de 2024. Desagregando por produtos:

Índices de comercio polo miúdo a prezos constantes. Decembro de 2025

Galicia
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
Xeral 128,3 5,5 3,2
Xeral sen estacións de servizo 128,0 5,3 2,7
Alimentación 116,7 3,5 2,2
Resto 142,3 7,3 3,4
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice deflactado Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
Xeral 131,7 4,7 4,1
Xeral sen estacións de servizo 132,4 4,6 4,0
Alimentación 121,6 4,1 3,8
Resto 148,2 5,7 4,7
Fonte: INE.

Na media do 2025, as vendas minoristas aumentan un 3,2% en Galicia e un 4,1% en España. Rexístrase un incremento das vendas en “Alimentación” do 2,2% en Galicia e do 3,8% en España. No “Resto de produtos”, as vendas increméntanse un 3,4% en Galicia e un 4,7% en España.

2 Índices por comunidades e cidades autónomas

As vendas aumentan en todas comunidades e cidades autónomas agás na Comunidade Foral de Navarra. Os maiores incrementos rexístranse en Ceuta (9,6%), Murcia (8%) e Melilla (7,6%).

No conxunto do 2025, o índice increméntase en todas as comunidades e cidades autónomas. As taxas máis altas preséntanse en Ceuta (6,9%), Melilla (5,5%) e Murcia (5,4%).


Índice xeral do comercio minorista a prezos constantes. Decembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

3 Índice xeral de comercio polo miúdo a prezos correntes

O índice xeral do comercio polo miúdo a prezos correntes aumenta un 6,8% en Galicia e un 6,1% en España no mes de decembro de 2025 con respecto a decembro de 2024.

O índice xeral sen estacións de servizo rexistra unha taxa do 7,1% en Galicia e do 6,5% en España. Desagregando por produtos, en Galicia, as vendas aumentan un 6,5% en “Alimentación” e un 7,5% en “Resto de produtos”. En España, rexístrase un incremento do 7,1% nas vendas en “Alimentación” e do 6% en “Resto de produtos.

No conxunto do ano, o índice medra un 3,6% en Galicia e un 4,7% en España. En Galicia, as vendas en “Alimentación” increméntanse un 3,8% e en “Resto de produtos” un 3,7%. En España, as vendas varían un 5,9% en “Alimentación” e un 4,8% en “Resto de produtos”.

Índices de comercio polo miúdo a prezos correntes. Decembro de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
Xeral 156,0 6,8 3,6
Xeral sen estacións de servizo 158,1 7,1 3,7
Alimentación 154,8 6,5 3,8
Resto 160,7 7,5 3,7
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos datos subministrados polo INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
Xeral 160,4 6,1 4,7
Xeral sen estacións de servizo 163,6 6,5 5,3
Alimentación 161,7 7,1 5,9
Resto 165,1 6,0 4,8
Fonte: INE.

4 Índice de ocupación

No mes de decembro, o índice xeral de ocupación amosa unha taxa de variación interanual do 0,8% tanto en Galicia coma no conxunto de España. No conxunto do ano, a ocupación medra un 0,7% en Galicia e un 1,4% en España.

Índices de ocupación. Decembro de 2025

Galicia
Índice Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
Xeral 106,0 0,8 0,7
Xeral sen estacións de servizo 105,8 0,8 0,6
Fonte: INE.
España
Índice Taxa interanual (%) Taxa media 2025 (%)
Xeral 108,2 0,8 1,4
Xeral sen estacións de servizo 108,3 0,8 1,4
Fonte: INE.

5 Índices de ocupación por comunidades e cidades autónomas

En decembro, a ocupación no comercio minorista aumenta en 17 comunidades e cidades autónomas. Os maiores incrementos rexístranse en Melilla (3,5%) e Ceuta (3,2%). As comunidades onde diminúe o persoal ocupado son País Vasco (-0,9%) e Aragón (-0,3%).

Índice xeral de ocupación. Decembro de 2025

Taxas de variación (%)

Fonte: INE.

No acumulado do ano, a ocupación aumenta en 18 comunidades e cidades autónomas. Navarra (2,3%) e Illas Baleares (2,2%) rexistran os maiores incrementos.

6 Notas metodolóxicas

Os índices de comercio polo miúdo son uns indicadores conxunturais que teñen por obxecto coñecer as características fundamentais das empresas dedicadas ao exercicio do comercio polo miúdo en España, e que permiten medir, a curto prazo, a evolución da actividade das empresas incluídas na sección G da CNAE-2009.

Os índices calcúlanse como un índice Laspeyres encadeado con ano base 2021 (encadeamento mensual no mes de decembro).

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes mostran a evolución das ventas do sector minorista unha vez eliminado o efecto que os prezos teñen sobre as ditas vendas.

Os deflactores que se utilizan nos distintos índices a nivel de comunidade autónoma son:

Os índices de comercio polo miúdo a prezos constantes obtéñense como cociente entre os índices de comercio polo miúdo a prezos correntes e o deflactor.